Lenda de Area

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Lenda de Area


Viveiro, VIVEIRO (SANTA MARÍA E SANTIAGO), Viveiro, Lugo

Compilador: Carmen Fraga

Tipo: voces

Contido

Contouna Concepción Fraga

Detalles

(...) Que se acordaba deso, e que había un zapateiro, e
o zapateiro estaba trallando -en Area, en Area-, e chegou
Jesucristo, pideulle unha limosna e entonces botouno a
caixas destempladas e arreoulle unha forma á cabeza, e
entonces Jesucristo dixo:
- "Húndete vila
co de baixo pa riba".
E o Faro hundeuse todo, non quedou nada, e a campana
quedou no fondo, e dicen que moito tempo que aquela
camapana se sentía. Cando as da aldea desa parte de aí
viñan a Viveiro dicen que sentían tocar a campana, e que
en días mui claros que incluso se vía o reflejo da campana
no fondo do mar.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona