Lenda da costureira

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Lenda da costureira


Ames, A Coruña

Compilador: Concepción Portela

Tipo: voces

Contido

Segundo Concepción Portela

Detalles

Outra vez iba unha costureira que é da nosa aldea,
pero iba, pasaba polo monte, e pasaba por onda unha fonte
e iba coser, era costureira e iba coser a unha aldea e tiña
que pasar polo monte e había unha fonte alí, unha fonte...
Chámanlle a fonte de... Chámanlle a fonte do Mosqueiro.
É unha fonte que nunca deitou, que nunca secou, ¿non? E
entonces ela pasou por alí, iba ca máquina na cabeza,
e había unha mulleriña allí cunha tendiña de todo, de
tódalas cousas. Tiña alí unha tenda de todo.
E entonces, claro, ela se soubera dicirlle as palabras,
pero non soubo, claro e díxolle:
- Mociña, ¿que che gusta desta miña tendiña toda que teño?
- Gústanme estas tixeiras.
- Pois tómaas, que se che claven no corazón.
Se lle dixera: "Gústame usté e maila súa tendiña toda"
ela quedaba rica.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona