Lenda dos pitos

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Lenda dos pitos


Ames, A Coruña

Compilador: Concepción Portela

Tipo: voces

Contido

Transmitíunola Concepción Portela, a quen lla contou o seu padriño, que era xastre

Detalles

Marcharon de aquí e deixaron, deixaron o, o outro enterrado
nas fontes para despois volvere e, e collelo, e non
volveron máis, bueno. Pois eu tiña un padriño que foi o do
bautismo e era xastre e, e entonces era pola festa e daquela
viñan moitos pobres pedir, ¿non?, que ahora xa non andan
pedindo. Daquela viñan moitos pobres pedir e ele iba coas
vacas e, e nunha fonte que temos alí arriba da nosa casa,
que ahora aquela fonte está metida, metérona nas casas,
¿non?, alí... El chegou alí e viu unha vella e mais un vello, e
andaban arrecadando, un por un lado e outro polo outro,
unha manada de pitos; e íbanos levando, levando cara á fonte.
E el tanto medo lle agarrou e escapou prá casa, e deixou as
vacas, e chegou á casa e díxollo a meu abuelo. E díxolle el:
- ¡Ai, home, home, e ese era un encanto, home! ¡Ai por
Dios, home! ¡Un encanto!
Porque se... Aquelo virábaselle ouro se el soubera dicir as
palabras, pero escapoulle que pensou que eran dous pobres
que viñan de pedir na festa.
E despois foi meu abuelo pero cando chegou xa non había,
xa non había pitos nin xente porque alí había unha pociña
na misma..., nunha pedriña na beira da fonte mismo e alí era
donde bebían os pitos. Naquela pociña, facía unha pociña e
bebían os pitos. Cando el chegou:
- ¿E que era o que se volvía ouro?
Volvíaselle ouro aquelo todo, os pitos, e maila muller e os
homes, o home. Volvíaselle ouro se lle dixera o que lle tiña
que dicir, pero el non sabía dicilo.
- "¿Gusta...? -dixo-. ¿Gústanlle estes meus pitiños ou esta
galiña ou tal?
- Gústame usté e mais gústanme os pitiños e mais usté,
todo canto ten".
E virábaselle ouro alí.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona