A cobra e o leite

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

A cobra e o leite


Os Peares, PEARES (OS) (NOSA SEÑORA DO PILAR), Peroxa (A), Ourense

Compilador: Carmen López Gómez

Tipo: voces

Contido

Segundo Carmen López Gómez

Detalles

(...) Que a muller andaba sachando, a señora, andaba
sachando e tiña o neno na cima do terreo. E entonces, cando
se descoidou, a cobra pois veu volada e metéuselle na boca
ó neno.
E despois viuse perdida. Despois dixéronlle que puxera
un pouco leite fóra, e ó poñer o leite fóra devolveuse. Pero o
pequeno... Tiñan que andar coa cobra e co pequeno así arriba.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona