A flor e o culebrón

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

A flor e o culebrón


O Torreiro, SOUTELO (SAN VICENTE), Salceda de Caselas, Pontevedra

Compilador: Hermosinda Fernández Castiñeira

Tipo: voces

Contido

Contouna Hermosinda Fernández Castiñeira. Contan as
persoas do lugar que o penedo ten unha rachadura provocada
por un tiro que lle mandaron. Ó mandarlle o tiro para rompelo,
o penedo deu un grito porque estaba encantado da mouta.

Detalles

Andaba, andaba unha muller no monte, que había un
penedo, e saliulle a moura. E a moura díxolle si quería a
riqueza toda dela. Díxolle que si, pero que tiña que ser
para o outro día, que trouera unha flor e que lla puxera
na boca, que se puña en forma dun culebrón e que lle
deixaba a riqueza toda. E ela díxolle que si, pero, o subir o
culebrón por ela arriba pegou un grito. E díxolle:
- ¡Maldita seas, que por culpa túa teño que estar máis
cen anos aquí en España!

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona