A peneda e as noces

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

A peneda e as noces


Ames, A Coruña

Compilador: Concepción Portela

Tipo: voces

Contido

Segundo Concepción Portela

Detalles

E despois nós tiñamos unha peneda que temos nunha
leira -que era a que che iba dicire-, e entonces, cando iban
os cazadores neste tempo -que tamén aínda o meu xenro foi
hoxe, que é cazador tamén- e viñan de lonxe e comían onde
se encontraban -como comen os nosos-. Sentáronse enriba
dunha peneda e puxéronse a comer alí, e estaban comendo
e sentiron dúas falas debaixo deles. Dixeron... Sentiron:
- Oh, ti inda salirás, pero... ¿Eu como vou salir de aquí?
Se a outra dixera tamén, pero a outra non dixo o que
era.
Dixo ela:
- ¿E eu como vou salir? ¿Quen noces vai vir tomper
enriba deste penedo? ¿Que noces...? ¿Quen vai romper
noces aquí enriba deste penedo? Noces, si.
Esa foi a que falou. Porque a outra dixo:
- Tu aínda salirás pero eu non salo nunca de aquí, -dixo-
¿e eu como vou salire? ¿Quen noces virá romper arriba
deste penedo?
E van eles e marcháronse onda o cura e dixéronlle ó
cura, e díxolle o cura:
- Bueno, pois vamos de aquí a alí.
Vai o cura, foi de aquí a alí e liu nun papel, liu alí na
peneda aquela, e abriuse a peneda ó medio. E así está
fendida. Pero saliu a que dixo as noces, porque dixo:
- Hai que levar unhas noces e partilas encima do penedo.
E ó parti-las noces encima do penedo abriuse o penedo e
está que cabe esto polo penedo. Todo ó largo do penedo,
así. Si, aquelo é unha cousa que o viron todos, ou vémolo.
Pero a outra como non dixo o que tiña para poder salir de
alí. A outra quedou, pero esa saliu. E xa se lle mirou o
ouro alí a eles todos, aquela viróuselle ouro. Era un encanto.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona