O señor e o criado

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O señor e o criado


Os Muíños, ENTENZA (SANTOS XUSTO E PASTOR), Salceda de Caselas, Pontevedra

Compilador: Encarnación Calvo

Tipo: voces

Contido

Segundo Encarnación Calvo

Detalles

Era unha vez un señor que quería un criado. E iba
polo camiño e encontrou un rapaz e dixo:
- Neno, ¿queres vir de criado para min, para a miña casa?
- Vou, vou, si señor.
- ¿Pero a ti gústanche os ovos?
- Non.
- ¿Nin fritos, nin cocidos, nin en tortilla?
- Nada, nada, os ovos non me gustan.
- Bueno, pois entón eres dos meus. Entón ven para a
miña casa.
Despois na casa díxolle:
- Pois mira, quedas aí e tes conta, límpiasme aí a cociña,
que eu vou á feira e logo veño.
E viu o amo, marchou, e viu e tiña a porta cerrada,
entonces petoulle á porta:
- Pum, pum, pum. ¡Pepe!
- ¡Xa vou, xa vou, xa vou!
- ¡Ábreme a porta, Pepe!
- ¡Xa vou, xa vou, xa vou!
Estaba facendo a tortilla daí, como estaba o amo
chamándo a porta, colleu a tortilla e meteua na cabeza, puxo
o chapeu por riba e foi abrille a porta. E chorreáballe o
aceite por aquí, pola cara abaixo, e díxolle ó amo, díxolle:
- Mire como sudo, meu amo, de tanto traballar.
- Tira ese chapeu, home. ¡Ai raios te partan e estabas
facendo tortilla e despois dixéchesme que non che gustan
os ovos! ¡Ah, condenado! Vaime á feira, vaime á
tenda e tráime unha perra de agullas.
E díxolle a, chegou á tenda e díxolle ó tendeiro:
- Señor tendeiro, deme unha perra de agullas.
E vai, viu coas agullas. Chegou ó camiño, encontrou
un carro de palla e botouas no palleiro. Chegou á casa sin
as agullas. Díxolle o amo:
- ¿E as agullas?
- E encontrei un carro de palla e boteinas no palleiro.
- ¡Ah, raios te partan! As agullas espétanse na solapa
da chaqueta, condenado. Vaime buscar o ferro do monte.
E dixo que as agullas se botaban na solapa da chaqueta,
colleu o ferro a espetar na solapa da chaqueta, hasta
rompeu a chaqueta e todo. E despois díxolle:
- Mire como rompín a chaqueta e todo.
- ¡Condenado! O ferro traise ás costas, home, traise ás
costas. Vaime buscar o porco á feira, que está alá comprado.
E vai, trouxo o porco. Como dixo que o ferro se traía ás
costas, trouxo o porco ás costas. Chegou á casa co porco
aforcado, xa estaba morto. E díxolle o home, o amo:
- Pero ti... O porco está morto. Pero ti, o porco non se
trae ás costas, o porco traise así polo chan: "quichitome,
quichitome, quichitome...". Anda, váiteme a buscar un
cubo de auga á fonte. Ti eres un condenado, acabas conmigo.
E foi busca-lo cubo de auga, viu polo camiño:
"quichitome, quichitome, quichitome...". Chegou a cása
co caldeiro roto e sin auga ningunha.
- Pero ti acabas conmigo, condenado, ti... Voute a matar.
Bueno, vaime buscare un pouco de viño, -no, xa non
vai ben- quedas aí na casa e tenme conta desa galiña, que
está a choca-los huevos, que non ma coma a raposa; e mais
das ovellas, que non me vaian á horta.
E foi, marchouse a xogar cos rapaces que andaban por
alí e non fixo caso da galiña. Viu a raposa, comeulle a galiña
e as ovellas coméronlle a verdura. E entonces, colleu el e
púxose enriba dos huevos; cando viu que a raposa lle
comera a galiña, púxose enriba dos ovos e viu o amo:
- ¡Pepe!
- Clou, clou, clou!
- ¡Pepe!
- ¡Clou, clou, clou,
estou a choca-los huevos
que a galiña deixou!
- ¡Ah, os raios te partan! Deixáchesme comer a galiña.
Ti... voute matar, condenado. ¡Ah, que raio de rapaz! Eu
para que trouxen este rapaz para miña casa, foi a... ¡É a
miña perdición! Venme buscar un pouco de viño. Un
pouco do billote grande e outro pouco do pequeno, e
cerráme ben o billote.
E entón foi, sacou o viño pero colleu e meteu o rabo do
can grande no billote grande o o rabo do can pequeno no
billote pequeno. Chegou...
- ¿Ti cerráchesme ben o viño, rapaz?
-Si cerrei. Metín o rabo do can grande no billote grande
e o rabo do can pequeno no billote pequeno.
- ¡Ti, voute matar, condenado!
E colorín colorado, este cuento se ha acabado.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona