O xastre medoso

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O xastre medoso


Xubín, RAZAMONDE (SANTA MARÍA), Cenlle, Ourense

Compilador: José Rodríguez Martínez

Tipo: voces

Contido

Contouno José Rodríguez

Detalles

Antes os sastres andaban cosendo polas portas, como
andaban antes as costureiras, cunha maquiniña e tal, alí
onde chamaban, levaban a máquina á cabeza e coa misma
a coser un día ou dous ou tres. Pero... Eso acórdame a min,
andar as costureiras pola porta. Despois máis tarde pois xa
poñían talleres así na casa delas e iban a coser alí. Pero
acórdome que andaban polas portas así. E os sastres tamén.
E era un sastre do lado de alá do río e viña ó lado de acá
a coser. Resulta que, claro, viña coser polas portas e á noitiña
dábanlle a cea e coa misma iba pasa-lo río e iba dormir á
súa casa.
Bueno, e tiña que pasar por unha corredoira máis ou
menos por esas donde anda o carro, e era así xa algo noite,
pero, o sastre, pois, así que estaba chegando ó río vai e,
como nas corredoiras esas críanse silvas, críanse arbustos
deses e tal.
Tenme pasado a min moitas veces aí na rúa esa, na calle
esa de San Roque. Aí (...), paréceme que tres ou catro veces
dous anos. Viñan así dun portal dentro e íbame a gorra e
bueno... E a el tamén, pasoulle un caso parecido. Iba andando
e tal e tal e xa, xa non se vía moito. Era unha noite,
conócese que algo oscura, e xa non se vía moito e vai e
enganchou nunha silva aquí pola chaqueta, aquí por detrás,
e o sastre, díxolle el:
- Home, sóltame, sóltame que teño que pasar aínda o río,
e non me podo parar.
Pero a silva enganchouno e non o deixaba andas. Pois o
home, carai, tanto se atemorizou e deixouse estar quietiño,
pensaría, qué sei eu, que se botaba a andar, que lle pegarían
ou qué sei eu, e deixouse alí quieto toda a noite, eh, de
pé, enganchado. Quixo, quería avanzar, a silva estaba
enganchada, así. -As silvas enganchan moito-. E:
- Home, sóltame.
O outro calado, ¡como iba falar!
Á mamá, namais ó empezar a rompe-lo día -estaba así
preso toda a noite-, vai e revolveuse así p'atrás e viu que
era a silva que o tiña enganchado, e saca a tiseira de cortar
a tela e tronzouna, e dixo:
- Se foras un home, ibas igual.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona