O tonto e as preguntas

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O tonto e as preguntas


OURAL (SANTA MARÍA), Boqueixón, A Coruña

Compilador: Ramón Iglesias Couto

Tipo: voces

Contido

Contouno Ramón Iglesias

Detalles

Uns señores moi ricos que vivían nunha insua, todo
era deles, aquelo, e ela puñera de condiciós para casarse
cun home, porque era moi lista, e tiña que el decirlle como
fixera para chegar alí e que ela non soupera contestarlle,
que se ela lle sabía contestar a eso, matábano. Cada un
que viña alí quedaba. E entonces o Pepiño, que era un
atontadiño, que saleu alí nunha casa e:
- Mi madre, eu quero ir alí, eu quero ir alí, quero ir alí.
E a nai vendo conforme era:
- Bueno, total xa non vales pa nada, pois, mira.
Entonces amasou catro boliños e botoulle un pouco veneno
pa que o rapaz morrera antes de chegar alí, porque
total, non era quen a chegar, visto o que pasaba cos outros.
Bueno, e el, non sei alá que se lle veu á idea cando veu
meter algo estraño botarlle ós bolos, e meteunos na alforxa
do burro, e marchou. A burra chamábase Micaela.
E marchou, colleu o viaxe con Micaela. E, no medio do
camiño Micaela tiña gana de comer, miraba así para atrás,
que quería os bolos, e vaise el e foi e deulle os bolos, os
catro. Morreu Micaela.
Bueno, entonces, bue..., pois el quedouse así pensando
cómo había facer.
- ¿Como hei facer?
Chegaron catro corvos e foron comer, espenicar ós ollos
de Micaela. Os catro corvos mortos. Bueno, e logo chegan
tres ladróns que viñan de roubar nunha iglesia, e viñan
por alí abaixo e dixo:
- Que, ¿pódense comer estas aves que están aquí?
- Si, pódenas comer.
Coméronas, morreron.
E el, veulle gana de comer. Estaba alí a escopeta que
traían os ladrós e agarrou a escopeta na man e sinte rebulir
entre as queirogas, e matou unha porca desas do monte,
desas bravas, e foi e abreuna e sacoulle un porquiño, e
asouno cos papeles que viñan de rouba-la iglesia.
Bueno, e entonces marchou cara alá.
- ¿E ahora como hei facer para pasa-lo río?
Que había un río facendo circunferencia daquela. E
cómo había facer.
E ve un cabalo que viña afogar alá arriba e viña a voltas
polo río abaixo e alí fíxose un pouquiño de llano e saltou
riba do cabalo e do cabalo saltou para a outra....
E logo viña o can para mordelo, para... E entonces dixo:
- Cala, cala, cala, que me mandou aquí a túa ama.
E o can obedeceulle, obedeceu.
E entonces veu a ama e díxolle:
- Bueno, a ver, ¿como fixeches pa chegar aquí?
Dixo:
- Pois eu -díxolle a historia, renovoula toda- salín da
casa con Micaela, Micaelatraía catro, e viñeron tres e
mataron a catro, e morreron; e eu matei carne non nada,
asada con palabras de Jesucristo -porque fora con papeles
da iglesia, que viña do Evangelio- e pasei o río donde
os mortos pasan ós vivos, e aquí cheguei.
E ela non soupo darlle a contestación. E quedouse...
Aínda vive alí, ho, que eu conózcoa.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona