A noitiña de Nadal

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

A noitiña de Nadal


Ourol, Lugo

Compilador: Obdulia Varela

Tipo: voces

Contido

Concepción portela, unha das informantes que nos cantou esta composición, aínda que en castelán na súa maior parte, dinos que ó remate dábanlles millo, e que eran os homes os que o ían cantando pola aldea. Ademais engade o seguinte:
Quédense con Dios, señores,
nosotros con Dios nos vamos,
quédense con Dios, señores,
hasta Reyes que volvamos.

Se pa Reyes no volvemos,
que en el cielo nos veamos,
que allá hai muchos buenos,
nosotros con ellos vamos.

Hipólito García Sánchez e Filomena Bello rematan pedindo o aguinaldo desta maneira:

-Déno-lo aguinaldo,
señora María,
déno-lo aguinaldo
pra Virgen María.

Déno-lo aguinaldo,
señora, por Dios,
déno-lo aguinaldo,
qu´r pro Niño Dios.

Nesta casa hai mozas
que gastan chaqueta,
que nos han de dar
a media peseta.

Nesta casa hai mozas
que gastan salero,
que nos han de dar
viño polo xerro.

Viño polo xerro
non ha de faltar.

Nesta casa hai mozas
que gastan zapato,
que nos han de dar
a carne no plato.

A carne no plato
non ha de faltar.

Detalles

A noitiña de Nadal,
noite de grande alegría,
naceu un reiciño novo
fillo da Virxe María.
Camiña María,
camiña Xoxé,
camiña a Belén
pa chegar con día.
Cando a Belén chegaron
xa toda a xente dormía,
sólo un pobre dun porteiro
que estaba na portería.
-Abre as portas non se abren
hasta que Dios traiga o día.
A Virxen tiña un meniño
cando era chegado o día.
Tanta era a súa probeza,
con que envolvelo non tiña.
Botou as maos á cabeza
a unha escofia que traía.
Fixo dela tres anacos
con unha triste envolvía.
Baixou un ánxel do ceo
e bos panos que traía
unhos eran bos de Holanda,
outros de Holanda máis fina.
Subeu un ánxel ó ceo
cantando un "Ave María"
e o neno queda chorando
dos pecadores que había.

Esta noite nace o neno,
moito frío el ha de ter,
con ese día tan malo
a esa noite tan cruel.

Vámonos xa pra aldea
que aquí non é ben ruar,
porque o Neno Xexús dorme,
podémolo despertar.
E levemos tamén a gaita,
a pandereta e os ferros.
Cantémoslle unha alborada
para ese Neno do ceo.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona