Pepín e o cura

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Pepín e o cura


OURAL (SANTA MARÍA), Boqueixón, A Coruña

Compilador: Ramón Iglesias Couto

Tipo: voces

Contido

Contouno Ramón Iglesias

Detalles

Era un rapaz que era moi chistoso, e o señor cura sabía
que viñera de face-lo servicio militar e díxolle ó pai:
- Home, se mandaras por alí a Pepín, que teño moitas ganas
de, de falar con el, que seica sabe moitos chistes.
Resulta que pola tarde encontrouno enriba, dacabalo da
cancela e díxolle:
- E logo, Pepe, xa tiña ganas de verte, ho, que dis que es
moi chistoso e quería que me dixeras algo. E, ¿que estás
facendo?
- Pois, xa ve, aquí estou, nin dentro nin fóra.
- Bueno, ¿e logo, teu padre, donde iba?
- Pois, iba vender tristes para comprar alegres.
- ¿E túa mai?
- Túa mai, miña mai foi moe-la fariña que comemos onte á
noite.
- ¿E a túa filla, ou a túa irmán?
- A miña irmán está chorando as risas do ano pasado.
- Pero home, e ti non me dis cousa con cousa.
- E logo, se lle me perdona o que lle debe meu pai...
- Si home, si, está perdonado.
- Pois, eu estou aquí, nin dentro nin fóra, porque como ves
estou dacabalo da cancela. E meu pai vai vender tristes pa
comprar alegres. Tristes son os figos e alegres son as noces.
[Miña nai foi moe-la fariña para volverlle á veciña que lle
pediu onte.]
- ¿E túa irmán?
- Pois miña irmán está chorando as risas do ano pasado.
- Pero, ¿como as risas do ano pasado?
- Si, que está cas dolores de parir.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona