O conde e o criado

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O conde e o criado


OURAL (SANTA MARÍA), Boqueixón, A Coruña

Compilador: Ramón Iglesias Couto

Tipo: voces

Contido

Contóunolo Ramón Iglesias

Detalles

Alá naqueles tempos que aínda os coches non andaban,
os aviós non andaban polo aire, nin andaban os coches polas
carreteras, un conde puñera arriba do portal, porque lle
parecía que era moi rico, e puxo un rotél dicindo que se
consideraba feliz, que se sostiña sin ansias nin traballo.
Pero unha tarde pasou por alí o Rei que andaba rondando
a terra, a nación, e chamouno.
Saleu o conde, presentouse e díxolle;
- E logo, ¿como pon usté esto arriba do portal, ho?
E díxolle:
- Porque afortunadamente eu considérome feliz, teño
cartos, teño fincas e teño de todo. E teño salú.
- Pois mire, eu non son feliz, e sonlle o rei da terra, así
que nun plazo de cuarenta e oito horas vaise a presentar
usté no meu palacio, e hame decir: en cántos días eu podo
ronda-la terra, en cánto vale mi persona, e dónde teño eu
os meus pensamentos.
E logo o señor xa non dormeu máis. O conde non tiña
sosego consigo, e o criado que o veu tan triste:
- Señor, mi amo, se quere, voulle eu no seu sitio.
- Ai, home, pois se vas, da cárcel heite sacar eu.
- Bueno, pois, déame o seu traxe.
Púxose o traxe do señor, marchouse alá hasta o palacio
do Rei, chamou á porta, veu o porteiro e díxolle que, o
que iba facer; e entonces chegou o Rei, presentouse:
- A la orden de su Real Majestad se presenta el Conde
de tal pueblo.
- Bueno, vamos a ver, que vén a darme esas contestacións.
¿En canto pode...? ¿Canto tempo me poderá levar rondala
terra?
- Pois se tuvese un cabalo que correra tanto coma el sol,
la rondaba en veinticuatro horas, también la ronda el sol.
- ¿Y cuánto puede valer mi persona?
- Su persona, veintinueve dineros, porque por trenta vendieron
El Rei de los cielos y tierra, e a usté poñerémoslle un menos.
- Bueno, ¿y donde tengo yo mis pensamientos?
- Pues sus pensamientos están muy equivocados, se pensa
usté que fala co conde e fala co criado.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona