Nos portales de Belén

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Nos portales de Belén


Compilador: Oliva Fernánez Gamallo

Tipo: voces

Detalles

Nos portales de Belén
dicen que naceu un neno,
é roxiño como u ouro
e como a neve máis blanco,
colorado como a rosa
como a máis fina escarlata.
En Belén hai moitas festas
son de pandeiros e gaitas,
vamos alá pastorciños
a tocar cas nosas flautas.

Vinde nenas e traeille
cada unha no seu cesto
ovos bos, boas tortillas,
mel e mais manteca fresca.
Non pedimos polo moito
nin tampouco polo pouco,
pedimos touciño e medio
e mais a mitá do outro.
Perdonen señores todos
polo pouco mal cantado,
somos rapaciños novos
non traemos estudiado.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Ponte medieval de Fillaboa

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce