Mariñeiro, mariñeiro
TweetA cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade
A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.
Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.
Mariñeiro, mariñeiro
Compilador: Encarnación Lamelas
Tipo: voces
Detalles
Mariñeiro, mariñeiro,
mariñeiriño da ría,
fai cantar as augas verdes
pra o neniño de María.
Que toleen as estrelas,
é noite de troulear,
mariñeiro, mariñeiro,
na terra, terri do mar.
Que o neniño de María
bica e pasa o mundo enteiro,
fai canta-las augas verdes,
mariñeiro, mariñeiro.
Que toleen as estrelas,
é noite de troulear,
mariñeiro, mariñeiro,
na terra, terri do mar.
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Xan, xarranrán...
O Rego, CHAVÍN (SANTA MARÍA), Viveiro, Lugo
Lenda de Area
Viveiro, VIVEIRO (SANTA MARÍA E SANTIAGO), Viveiro, Lugo
Xan Quincán
Viveiro, VIEIRO (SAN CIBRAO), Viveiro, Lugo
O día quince de maio...
Tras da Feira, GALDO (SANTA MARÍA), Viveiro, Lugo