Vinde galeguiños

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Vinde galeguiños


Viveiro, Lugo

Compilador: Josefa Pérez

Tipo: voces

Detalles

VIde, vide, galeguiños,
con pandeiros e gaitas,
a ve-lo noso Xuxiño
que dorme naquelas pallas.

Meu neniño, miña vida,
non te aflixas, miña alma,
que sómo-los pastorciños
e cantámosche unha tonada.

Unha tonada rianxeira,
semellante a que eu cantaba,
con bicos e amoriños
cantámosche unha tonada.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona