O mariñeiro

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O mariñeiro


CALDELAS DE TUI (SAN MARTIÑO), Tui, Pontevedra

Compilador: Benito diz Calvo

Tipo: voces

Contido

Contado por Benito Diz Calvoq

Detalles

Era un mariñeiro que salía para o mar, tódalas mañáns
salía para o mar. Entonces, había, era casado, tiña a súa
muller e tal. E entonces, sempre había o vivacho de turno
que pescaba, que salía o mariñeiro para o mar e viña o
outro para xunto a muller.
Entonces, unha das noites saliu para o mar e ó chegar
ó mar, estaba o mar moi bravo e deu volta para a casa. E
estando na casa... Chegou á casa, meteuse outra vez na
casa, que viña moi de madrugada, e o contrincante de turno,
que pensou de que o home había salido para o mar,
chegou á porta e petoulle na porta á muller para que a
muller lle abrira a porta.
E a muller, claro, mirouse nun compromiso porque tiña
o home na cama e viña o outro e quería ir para xunto a ela.
Entón, tiña un crío pequeno e peliscoulle no cu ó crío para
que empezara a chorar e o crío empezou a chorar. Entonces
ela empezou a acunar ó crío e empezoulle a cantar para
que o outro se dira conta de que... E cantoulle así:

- Saliron para o mar
e estaba mal tempo,
no medio da ría
diron volta para dentro.

E entón collía a cuna e:

- Ai ron, ron,
esta noite, non.
Ai ron, ron,
esta noite, non.

Pero, non entendía o que decía a muller e volveu a petar outra vez
e volveulle a cantar outra vez:

- Si non me entendeches,
enténdeme agora,
que vas despertar
o pai do neno que chora.
Ai ron, ron,
esta noite, non.
Ai ron, ron,
esta noite, non.

E volveu outra vez a petar e di:

- Sáleme da porta,
pon os pés na lama,
que vas despertar
este corno que está na cama.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona