Desde o Barqueiro

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Desde o Barqueiro


Viveiro, Lugo

Compilador: Carmen Fraga

Tipo: voces

Detalles

Desde o Barqueiro
alegre veño,
por ve-la festa
do Santo Neno;
meo amorciño,
xunta ti chego,
o meu servicio
todo cho entrego:
os meus amores,
os meus respetos,
a miña ialma
e canto eu teño.

Malpecadiño
como te vexo,
en coiro e frío
sen outro achego.
¡Vivan os pobres,
vivan contentos!,
pois de pobreza
vin tal exemplo.

Xa os veciños
dos barrios lexos
a saludarte
veñen mui ledos,
gordos e fracos,
novos e vellos,
todos pasmados
veñen correndo.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona