Un para mexar e outro para o matrimonio

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Un para mexar e outro para o matrimonio


Xubín, RAZAMONDE (SANTA MARÍA), Cenlle, Ourense

Compilador: José Rodríguez Martínez

Tipo: voces

Contido

Contado por José Rodríguez

Detalles

Unha vez falaba un mozo, bueno falaba un mozo. Iba
casar ou iban casarse ou casáronse, vamos. E eran veciños.
Era a nai e unha filla, e o mozo era do pueblo tamén, e era
ricote. Resulta que casáronse e tal. Chegou o tempo que lles
pareceu e trataron de casarse e claro, el xa tiña invitados
feitos, ela estaba xa facendo a roupa pa casarse e tal e tal.
E vén un día, que xa tiñan poucos días; tiñan por aí xa...
Páreceme que un plazo dun mes ou mes e pico pa, po
casamento. Veu un día, un jueves, veu onda ela. É moda, alá,
alá os Jueves case é un día, un día moi dedicado pás mozas,
¿non? E cando iba, chegou o portal ó mozo. Entonces a rapaza estaba
cosendo na sala, facendo roupas xa pá voda, e, claro,
como non sentiu abri-lo portal, vai e saliu á ventana a mirar
que facía o mozo. Resulta que, que casualidá se lle diu que o
mozo cerca da ventana donde ela se puxo a mirar pois había
unha bombilla alumbrando na calle, e, púxose a mexar. (Xa
sabe que a sombra, a sombra aumenta muchísimo, ¿non?).
A rapaza, así que o viu mexar, asustouse e dixo:
- ¡Ai, Dios mío!, ¡con quen me vou casar, ese home
ráchame, bueno, ai, non me caso, ca, ca!
Efectivamente, vai e a nai abriulle o portal e o mozo
pasou e tal, e saludou á nai e tal, e pasou pa onda a rapaza,
que estaba cosendo; agarrou unha silla e sentouse, porque,
claro, xa había confianza; entonces púxose falando con
ela, e entonces dícelle:
- Bueno, sabes o que teño pensado, desde hoxe pa diante
non volvas máis aquí, que do que temos falado, nada, non
me caso.
Claro, o home, así que a muller, víuna así tan
remosqueada, o home colleu as cousas en veras, e entonces,
se había parar dúas horas con ela, pois parou por aí unha
ou media, ou non sei qué, porque empezaron a discutir:
- E logo tal, agora que teño, que teño xa meus pais xa
convencidos, vamos, que xa están sabidos e teño moitos
invitados feitos e tal e agora andas con estas, eres ben...
Bueno, deron así, anduveron tal.
E coa misma el levantouse e marchouse; e entonces,
claro, el tropezaba coa nai na cociña, e entonces, queixouse
á nai de:
- Súa filla toleou, qué lle pasou, as cousas, coño, que
estas cousas son tan formales e agora acordou que non
quere casarse e tal, e tumba e taramba e dice que non
volva máis.
Entonces dixo a nai:
- Bueno, esas cousas, xa eu irei, xa, a ver se arreglo eu,
home, a ver se arreglou eu. Vaite tranquilo. E mira, o sábado,
o sábado á noitiña hei de ir alí á fonte, así á noitiña que
non hai tanta xente, e estás ti por alí, xa che darei nota a ver
do que pasa, a ver qué é o que lle pasou, xa te enterrarei.
E o home, pois, agarrou e dixo:
- Bueno, moi ben.
Vén o sábado e, efectivamente, foi a nai buscar un cubo
de auga e xa está el por alí e entonces dice:
- Xa está arreglado todo, home, xa está arreglado todo,
ven, que xa está todo arreglado.
Bueno, a nai, así que cenaron díxolle:
- Pero muller, pero muller, iba aí o mozo todo incomunidado,
¿que tuvestes?
- ¡Ai, mamá! Voulle contar, mire, cando foi que petou á
porta, ó portal, usté tardou un pouco en abrir e tal e eu
salín á ventana, a ver qué facía, e vino estar mexando, ¡ai,
Jesús, aquelo..., non, non o quero, mamá, por Dios!
Dice:
- Bueno, filla, bueno, ti estás tonta, ise é o de mexar,
que o de matrimonio é outro.
Díxolle a nai:
- Ise é o de mexar, muller, ese é o de mexar. Ai que tonta,
que bobiña eres. O do matrimonio é outro.
- Bueno, mamá, se dices así, entonces...
- Si, muller, si. Home, claro.
E entonces, claro, como o sábado esperaba encontrarse
con el díxolle:
- Xa está todo arreglado, home, ven por alá, xa esta todo arreglado.
E entonces o home foi, e foi o casamento adiante.
De ir o casamento adiante, celebraron unha voda, marcharon
de veraneo, e foron a Orense, alá tres ou catro días,
e cando chegou a hora de deitárense, pois ela deitouse
diante del. Deitouse diante e tal, e estuvo avisándoo e tal e
coa misma dispúxose e tal... Despediuse e meteuse na cama,
e díxolle, dícelle ela:
- Bueno, mira, cuidadiño, eh, úsame o de matrimonio e
non o de mexar, senón levántome e márchome.
- Bueno, muller, bueno, non teñas pena e tal.
Bueno, o asunto todo foi moi ben, todo foi moi ben e
tal, pero ós tres ou catro días que levaban xa de luna de
miel, foi e díxolle ela ó deitarse:
- Bueno, mira, Antonio, ahora xa sei como é o de matrimonio,
se che parece usamos o de mexar.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona