Vinde pastores, correndo

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Vinde pastores, correndo


Compilador: Oliva Fernández Gamallo

Tipo: voces

Detalles

Vinde pastores, correndo,
vinde pastores, axiña,
vinde pastores, prontiño
que naceu o Rei do ceo.

Eu tamén vou,
voume axiña correndo,
eu tamén vou,
vou a Belén ver o neno;
eu tamén vou,
[:vou ver o neno entre pallas,
a Virxen e San Xosé.:]

Cando eu cheguei
a Virxe estaba rezando,
cando eu cheguei
todos estaban cantando,
[:todos estaban contentes
porque o neno é o Salvador.:]

Probe meu Deus, pobre meu Deus,
que entre as pallas foi nacer,
pobre meu Deus
pra nunha cruz ir morrer
pobre meu Deus.
[:¡ Quen fora unha palliña
para estar xunto a el!:]

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Ponte medieval de Fillaboa

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce