Marchemos rapaces

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Marchemos rapaces


Melide, A Coruña

Compilador: Avelina Sánchez Cajide

Tipo: voces

Detalles

Marchemos rapaces
pé do gueiteiro,
que xa redobla
o tamborileiro.

As rapaciñas
están ansiosas
repenicando
as castañolas.
Pois que chegamos
a cabo delas
escomencémo-la muiñeira.
Pois que chegamos
a cabo delas
escomencémo-lo baile xa.
Brais con Antonio
e Jores con Chica,
Pepe con Rosa
e Xan con Marica,
ale, rapaces,
vamos que é xa,
imos decote
e logo beilar.
Beilade mociños
esta muñeira
que tamén nosoutros
queremos beilar.
Unha jotiña
e unha ribeirana,
e logo xuntiños
ir a parolar.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona