Viva o Antroido e o Carnaval

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Viva o Antroido e o Carnaval


Santiago de Compostela, A Coruña

Compilador: Filomena Cabanelas

Tipo: voces

Detalles

Viva o Antroido e o Carnaval
que son dous irmáns
moi adivertidos
que non fan a ninguén mal.
No campo grande
díronlle pousada,
e despois veu ó pobo
e saleu espantada,
e fixéronse comentarios
por qué estación entraría,
se viría pola auga
ou algunha cañería.
E nosoutros dicimos:
non é cousa rara,
que por ondo entrou
foi polas Cabadas;
viña escoltado
de dous conacheiros,
era o Sete Cus
e mailo Pineireiro.

Esto inda non finou,
inda vamos cantar máis,
non se asusten, señoriños,
que é cousa do Carnaval.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona