O pollino e o cepillo

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O pollino e o cepillo


Xubín, RAZAMONDE (SANTA MARÍA), Cenlle, Ourense

Compilador: José Rodríguez Martínez

Tipo: voces

Contido

Contóunolo José Rodríguez

Detalles

Era dunha vez un comandante e xubilouse, xubilouse e
veuse pá súa casa, era rico e non quixo seguir máis na vida
militar; e trouxo unha iegua preciosa, unha iegua nova, inda
nunca parira, nin cousa ningunha, unha iegua preciosa. E
así que levaba no pueblo del así dous ou tres meses
metéuselle na cabeza de querer leva-la iegua ós sementales,
pero anduvo así ouservando e non, non lle diron detalles
donde había un semental pa leva-la iegua, e el quería levar
a iegua a un semental bo pa sacar unha cría boa, ¿non?
E, salía por alí a paseos dacabalo da iegua, así a pueblos
así a fóra, e preguntaba si sabían onde había un semental
e casi nadie lle daba así un, un sitio certo, pero
chegou a un puebliño e díxolle:
- Mire, hai alá un en tal sitio...
Pero estaba lexos, por aí a... pero, claro, como el na
iegua logo iba e viña.
- Eu porque sexa lexos non me importa, que sea un semental
bo que eu vou alá que na iegua hei dar con el e tal.
E entón dixéronlle:
- Bueno, pois mire, colla a carretera tal, e por aí ós quince
quilómetros hai un puebliño alí na carretera, e desde
aquel puebliño, desde a carretera vai unha verea, así unha
corredoira coma, coma dun camiño de carro, e ós tres
quilómetros desa corredoira hai un puebliño alí no fondo
dun monte, que está medio encuberto, que hai pinos así
arredor e tal e hai alí tres ou catro casas sólo.
El díxolle en detalle ben.
- E, e conforme entres no pueblo, a primeira casa que
emboca, hai un patio cunhas cancillas cerradas e tal e alí é
donde hai un semental bo.
- ¡Ah!, pois vou alá.
Saliron e monta, anda, anda, anda, e preguntou así que
chegou a ese pueblo da carretera si era alí o pueblo tal.
- Si, si.
Entonces dixo, e alí enterouse máis.
- Aquí dicen que hai un semental aí, aí nun sitio, aí nun
puebliño aí arriba e tal.
- Si, si mire, colla esa corredoira ós tres quilómetros
hai aí un semental bo.
- Moi ben.
O home marchou contento, colleu a corredoira.
Efectivamente, conforme lle dixeron, así era o conto.
Entonces foi e chegou. E dice:
- Pois, debe ser aquí.
Petou e tal e saliulle unha muller xa así dunhos cincuenta
e cinco, sesenta anos, máis ou menos. Entonces díxolle el:
- Que, dicen que ten aquí un semental e tal e tal, eu
traía unha iegua pa botarllo, e tal.
- Si, señor, si mire: foi moi bo, foi moi bo, pero agora
xa vai algo vello e non lle sirve moito.
E dixo el:
- Bueno.
Pasou pa dentro e prendeu a iegua, e dixo:
- Bóteo pa fóra, bóteo pa fóra e tal.
O pollino seica era un medio cabaleiro, bo e tal e estaba
mantido e tal. Entonces foi e díxolle á vella, e díxolle:
- Mire, ¿e non ten un cepillo?, un cepillo dises de fregalo
piso.
- Si, señor, si, teño.
- Bueno, pois díamo.
Entonces alá foi o comandante e púxolle fregando ben
polo riñón adiante ó, ó pollino, e así que o fregou, o pollino
púxose armado e así que se puxo armado, o comandante
era listo tamén, eh. Vai e, levouno onda a iegua e ca
misma, pois, colleuna, colleuna e tal.
E a muller así mirando os feitos que fixo o comandante.
Bueno, así que acabou dixo:
- Bueno señora, a ver, ¿canto lle debo?
- Bueno, nada, señor, nada.
Pero foi o comandante e agarrou cinco pesos:
- Tome, quero que quede contenta de min se algún día...
- Veña cando queira, señor, señor, ai Jesús... Dáme de máis.
- Bueno, tranquila, vou contento.
Agarrou o outro montou na iegua e veuse pó pueblo
del todo contento e tal. Dixo que o, o pollino seica era bo,
eh. Estaba coidado e tal pero iba vello e xa se sabe...
Bueno, coa misma, botou como catro meses ou cinco
crendo que a iegua que quedaba preñada; entonces
chamou ó veterinario, a iegua estaba gorda, ben coidada,
e tal, claro, il deso non entendía, se quedaba ou non quedaba
e chamou ó veterinario. E vai o veterinario,
ensaminou a iegua e díxolle que non estaba.
E entonces dixo:
- Bueno, pois teño que ir alá.
Efectivamente, agarrou a iegua, como xa sabía o sitio.
Catapán, catapán, catapán...
Chegou alá, chegou ó portal e chamou, e en vez de estar
a vella estaba o vello, non estaba a vella, naquil momento
non estaba a vella.
E entonces dixo:
- Viñen, que xa viñen aquí doutra vez, e tal, a iegua non
me quedou preñada e tal e veño aquí outra vez a ver si
desta vez queda.
E entonces o home díxolle o mismo como lle dixo a vella:
- Bueno, o pollino vaille algo vello e tal; bueno, haberá
que esperar un pouquiño a ver se se pon en condicións.
Dice:
- Nada, nada; deso xa me encargo eu.
Prendeu a iegua no mismo sitio que a prendera da outra
vez.
- Mire, se fai o favor, díame, que xa mo diu a señora
súa, un cepillo deses de frega-lo piso.
Entonces foi o vello e, efectivamente, tróuxolle o cepillo.
E volveulle face-la misma operación ó burro. O burro
logicamente volveuse poñer armado e tal e alá volveulle
aplicar á iegua.
E o vello informando, e así que acabou dixo:
- Bueno, señores, bueno, veume con boa cousa á miña casa.
Foi o vello e dixo:
- Vaia ver, vaia ver, o cepillo, o que me, o que pasa co cepillo.
Sacou a camisa e tal:
- Mire como teño a res, tódalas noites a miña muller
frega que frega con, con ese cepillo, e tenme a res toda en
carne viva, desde aquí, hasta aquí.
A vella frega que frega no home, para que se lle puñera
como o... si. E veña frega que frega no, no, na columna do
home hasta que lle puxo a columna desde o, desde o pescozo
hasta acá embaixo toda esfolada.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona