San Antonio e o aceite

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

San Antonio e o aceite


Viveiro, VIVEIRO (SANTA MARÍA E SANTIAGO), Viveiro, Lugo

Compilador: Josefa Pérez

Tipo: voces

Contido

Segundo Josefa Pérez

Detalles

Pois San Antonio estaba na iglesia e o pícaro, o monaguillo
era o que se encargaba de ir abrir a iglesia e de
botarlle aceite ás lámparas, e atender ó santo. Pero o pícaro,
era o tempo da fame e el iba sen comer nin desaiunar,
e qué fixo... Levaba un cacho de pan no peto, iba para o
altar de San Antonio, que San Antonio como tiña tanta
clientela, de tantos milagros que fai, e collía o pan e
molláballo no aceite, e o pícaro desaiunaba que iba
opiparamente. E molla, e molla e molla e come, e o cativo
iba mui ben, ben.
Pero pasaron días e o cura notou de que non podía consumirse o aceite que consumía antes o santo:
- ¿Pero como pode ser esto?, que antes o santo estaba
alumbrado igual, as mismas horas e gastaba menos aceite,
¿e agora por que se gasta tanto aceite?
Igual iban a medias el e mailo cura, seguro. Entonces
un día dixo:
- Pois nada, esto é cousa do cativo.
Escondeuse detrás do santo, detrás do altar para cando
viñera o pícaro abrir a porta, a ver si ocurría algo. Entonces
o pícaro, a criatura veu coma sempre e traía un cachiño
de pan no peto. E encendeu, abreu a iglesia, encendeu... ó
santo, e entonces dixo:
- Espera, San Antoniño, que temos para os dous -lle dixo
o pícaro-.
Quitou o pan do peto e mollou e púxose a comer. Pero,
según se puxo a comer, vén, o cura, que estaba detrás do
altar cunha vara, pegoulle un vareazo na mao, que o pobre
pícaro quedouse negro. Entonces mirou para San
Antonio e díxolle:
- San Antoniño,
San Antonaino,
cara de carallo,
si así n'o querías
pa que o consentías.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona