Folear, folear

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Folear, folear


Viveiro, Lugo

Compilador: Emilia Cao

Tipo: voces

Detalles

Folear, folear,
folear, festexar,
vinde mociñas
a bailar e a canar,
chascarrean as castañolas
ó son da gaitiña sola.

O Antroido chegou,
vámolo pasar ben,
estos días de troula
que trouxo tamén,
pra comer e beber,
e despois ir bailar
unha muiñeiriña
ó noso luar.

Folear, folear,
folear,festexar,
vinde mociñas a bailar,
que a Antroido xa se quere ir,
porque o inverno vai a fuxir.

E o Antroido chegou,
vámolo pasar ben,
e untar con touciño
o fondo da sartén,
pra come-las fillogas
e logo ir bailar
unha muñeiriña
ó noso luar.

Folear, folear,
folear, festexar.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona