O meu neniño pequeno

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O meu neniño pequeno


Santiago de Compostela, A Coruña

Compilador: Adelaida Aldrey e Lourdes Cancela

Tipo: voces

Detalles

O meu neniño pequeno
quíxomo leva-lo cuco,
deille unha volta no aire,
tócalle o pito, Farruco.

O meu neniño pequeno
heino de levar á feira,
dea moito, dea pouo,
ha de vir na faltrigueira.

O meu neniño pequeno
heino de mandar á escola,
heille de comprar un trompo
e mais unhas castañolas.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona