A vergonza
TweetA cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade
A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.
Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.
A vergonza
San Caetano, PARAMOS (SAN XOÁN), Tui, Pontevedra
Compilador: Josefa Groba
Tipo: voces
Contido
Segundo Josefa Groba
Detalles
Outra mai antes de morrer tamén tiña outras tres fillas
e díxolles:
- Mirai filliñas, eu morro pero vós non saquedes a man
de aí diante para tapa-la vergonza. Non a saquedes por
culpa de tapa-la vergonza.
Pero o cura que as mirou ás tres coa man diante, tapando
a vergona, díxolle á máis vella:
- ¿E por que andades aí coa man diante, sempre aí diante?
- Ah, porque mamá, antes de morrer, dixo que non sacáramo-la man de aquí por tapa-la vergonza.
E díxolle o cura:
- Pois vente á noite por alá, que iso arreglámolo nós.
Foi, e a rapariga chegou á casa, xa non traía a man
diante. Díxolle a irmán:
- ¿E ti como sacáche-la man de diante? ¿Entón o que
dixo mamá e tal?
- ¡Ah!, pero fun xunto o señor cura e coseuma, e agora
xa podo saca-las mans de diante.
Alá marchou a do medio e, tamén, o cura coseulle a
vergonza. Pero, enseguido, a máis nova tamén foi alá xunto
ó cura. O cura xa estaba cansado e díxolle... E viu coa
man outra vez de volta, porque o cura díxolle que non
podía. E entón dixéronlle as irmáns:
- ¿E ti como vés aínda coa man así?
- ¡Ah!, porque o señor cura díxome que se lle acabara o
fío e que non podía coserme.
Entón díxolle a do medio:
- ¡Pois inda hai pouco eu vin de alá e quedábanlle
dous novelos ben grandes!
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
A raposa e o galo
A Teixeira, BALDRÁNS (SANTIAGO), Tui, Pontevedra
De Portugal me mandaron
San Caetano, PARAMOS (SAN XOÁN), Tui, Pontevedra
O pai, o fillo e o burro
A Teixeira, BALDRÁNS (SANTIAGO), Tui, Pontevedra
Xa fun a Marín
San Caetano, PARAMOS (SAN XOÁN), Tui, Pontevedra
O cura e a burra
San Caetano, PARAMOS (SAN XOÁN), Tui, Pontevedra