Boas tardes, Maruxiña

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Boas tardes, Maruxiña


Ourense

Compilador: Marina Martínez Moreira

Tipo: voces

Detalles

- Boas tardes, Maruxiña,
vouche dicir unha cousa,
se tu me queres a min
eu no me caso con outra.

- Que te quero, ben o sabes,
nin precisas, preguntar,
hai un ano que che dixen
que me quería casar.

- Pois tu tomaralo a risas,
pero eu dígocho de veras,
que ando buscando muller
e non topo quen me queira.

- Pois se ningunha te quere
será porque eres malo,
ou porque che teñen medo
que non lle cumplas co traballo.

- Eu por malo non me teño
e menos por folgazán,
sólo que as rapazas dicen
que son un larchán.

- Se cho dicen non se engañan
porque eres un babullas
que andas xogando con todas
e non cumples con ningunhas.

- Todo eso é mentira,
sólo por pasa-lo tempo,
tu eres a máis preferida
que teño no pensamiento,

- Non me veñas con contos
que eu non che fago caso
a min quéresme como as outras
para me fagueres outro tanto.

- Tu non te fiás de min
que eu contigo hei ser moi formal,
dáme un biquiño Maruxiña
non me fagas rabiar.

- Se queres que che dea un bico
lévame xunto ó altar,
que despois de casadiños
bicos non che han de faltar.

- Por un bico que che pido
xa te pos tan enfadada,
qué farías se che pedira
o que levas con tanta gracia.

- Si, agora queres un bico
e logo queres un abrazo,
e así pouquiño a pouco
vas entrando no palacio.

- Pois téñoche o xuramento feito
que mentras estea solteira
nin tu nin nengún lambón
me ha ve-la chocolateira.

- Pois téñocha que ver
senón non me caso contigo
porque tamén podes ter
algún defeuto escondido.

- Vaite de aí,
orellas de burro vello,
que se chas van a medir
téñenche tres metros e medio.

- Non me insultes, malas lenguas,
pernas tortas del diablo,
que se che pego unha patada
vas ó inferno volando.

- Deixareite cara fea
por non verte ladrar,
non vaias facer comigo
algunha barbaridá.

O mozo marchou correndo
e esta quedou dicindo:
"¡Esta saliuche torcida,
que vaia o diablo contigo!".

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Desembocadura do Miño

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Confluencia do río do Pego co río Miño.

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Tui - Pantalán

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce

Ponte medieval de Fillaboa

Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia. Colección Auga Doce