Debaixo da figueira

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Debaixo da figueira


Santiago de Compostela, A Coruña

Compilador: Manuel Losada

Tipo: voces

Contido

Contouno Manuel Losada

Detalles

[Era] un cura, e, ó terminar de comer, na horta tiña
unha figueira, e entonces díxolle á criada:
- Mira, vamos toma-lo fresco debaixo da figueira, porque
fai moito calor.
E os figos veñen no mes de agosto e un rapaz dixo:
- Vámoslle ós figos ó cura.
E dixo:
- ¡Ai, eu non lle vou, que se vén...!
- ¡Mira, vámoslle ós figos!
E vai un rapaz, un non foi, pero o outro subiuse á
figueira, e cando estaba no medio e medio da figueira...
Chegou, sentouse o cura e maila criada debaixo da
figueira.
E entonces o cura empezou tal, e entonces puñéronse
ó trajín, e dicíalle a criada, como miraba para arriba:
- Señor cura, un neno.
- O que sea, muller, o que sea.
- Señor cura, un neno.
- Lo que sea, mujer, lo que sea.
- Pero, señor cura, un neno.
- Mira, si es niño le ponemos Antón, y si es una niña, la Purísima Concepción.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona