O cura e os pantalóns

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O cura e os pantalóns


Rosén, GUILLAMIL (SANTO ANDRÉ), Rairiz de Veiga, Ourense

Compilador: Sabina Nogueiras

Tipo: voces

Contido

Contado por Sabina Nogueiras

Detalles

Era un cura que estaba nunha parroquia moi pobre e
andaba sen pantalóns, e entonces a criada dicíalle:
- Mire, señor abade,vaia a xunto do obispo que lle dea
uns pantalóns, que é unha vergonza que ande sen eles.
E entonces o cura foise onda o obispo e díxolle, díxolle:
- Monseñor, eu ando sen pantalóns porque estou nunha
parroquia tan pobriña, non teño pantalóns.
E entonces o obispo agarrou uns pantalóns del e díullos,
e diulle tres metros de género máis para faguer outros. E
chegou a un camiño, e ó cura pois pegáronlle ganas de
face-las súas necesidades e colgou os pantalóns nun
carballo, e cando se arreglou pois, como non tiña costumbre,
botou a andar e non se acordou dos pantalóns.
E pois estaba a criada no balcón esperándoo, e el iba
cantando todo contento, pensando que levaba os pantalóns,
e díxolle:
- Ai, ¿que trae, señor cura, que trae?
- A ver se sábe-lo que traigo.
- A ver que trae.
Empezou a levantarlle a sotana.
- ¿Que ves?
- Nada.
- ¿E agora?
- Nada.
- ¿E agora?
- ¡Ui, lo que veo!
- ¡Pues aún hay tres metros más que tú no los ves!

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona