Guapo que estás a la puerta

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

Guapo que estás a la puerta


CERCEDA (SAN MIGUEL), Pino (O), A Coruña

Compilador: Andrea Andrade

Tipo: voces

Detalles

-Guapo que estás a la puerta
aguarda más un poquito,
que está un cuerno a cocer,
tomarás un bocadito.

-Eres puta, no lo niegues,
que en el camino lo has dado,
a un compañero mío
en el hospital retratado.

-A ti e mais ó compañeiro
pódevos leva-lo demo,
que pa ti e mais pa el
haivos putas no inferno.

-Á porta de Deus te mordan,
malos gatos te rabuñen,
malos burricos te monten,
malos furaños te furen.

-Se na túa terra os hai
mandaralos por aquí,
nesta terra n´hai furón,
pa furón abastas ti.

-Tódalas mujeres tiene
en el pecho una velera,
un poquito más abajo,
una lancha cañonera.

Nesa lancha cañonera
ti non penses de embarcar,
porque o remo que teñas
nada che fai remar.

-Tódas las mulleres teñen
entre as pernas un pendello,
o fundamento de carne,
a cubrición de guedello.

-Tódolos homes ocultan
entre as pernas unha espiga,
toda cuberta de musgo
á caída da barriga.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona