O cura e a burra

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O cura e a burra


San Caetano, PARAMOS (SAN XOÁN), Tui, Pontevedra

Compilador: Josefa Groba

Tipo: voces

Contido

Contado por Josefa Groba

Detalles

Había un cura que atendía a dúas parroquias e había
un regato polo medio. E naquela semana choveu tanto,
choveu tanto, que o regato creceu. E o cura chegou alí á
mañán e non podía pasar, ó non poder pasar díxolle a un
rapaz que viña da cabalo dunha burra do outro lado de
alá e ó chegar a xunto o cura, díxolle o cura:
- Oes, se me pasaras á parte de alá, que me son horas
de dici-la misa, dábache cinco pesetas.
- Pois monte xa, aquí detrás na burra.
A burra, ó meterse no regato, dáballe a auga por
debaixo das tetas e a burra non quería pasar. O rapaz
cagábase nunha cousa, cagábase na outra e disparataba
coma un desgraciado. E entón o cura caladiño, e ó chegar
ó lado de alá, baixou e botou a man ó bolsillo para darlle
as cinco pesetas. Díxolle:
- Oe, ¿e ti como blasfemabas así desa maneira?
- ¡Ai! Pois eu se non lle digo así, a burra non pasa.
- Pois mira que eu vin rezando todo o camiño.
- ¡Pois ande que tuvemos sorte, señor cura, que se o oe
a burra e se arrodilla, imos os dous a tomar polo cu!

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona