O pai, o fillo e o burro

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O pai, o fillo e o burro


A Teixeira, BALDRÁNS (SANTIAGO), Tui, Pontevedra

Compilador: José González Bernárdez

Tipo: voces

Contido

Contouno José González Bernárdez

Detalles

Unha vez iba un home mais un fillo e levaban un burro
pola man. E a xente, pois, falaba e decía:
- ¡Mira que ter burro e ir a pé!
Bueno, montou o pai, montou o pai e de aí dice:
- ¡Mira ti, esto... o pai dacabalo e o pobre fillo a pé!
Bueno, baixouse o pai e subiu o fillo. Chegan máis adiante:
- ¡Ah, mira que o fillo dacabalo e o pobre do pai... a pé!
E colleron e montaron os dous, montaron os dousn e:
- ¡Pobre burro! ¡Pobre burro, que cos dous enriba...!

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona