O lobo e a vaca

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

O lobo e a vaca


Vigo, MIÑOTOS (SAN PEDRO), Ourol, Lugo

Compilador: Carmen González

Tipo: voces

Contido

Segundo conta Carmen González

Detalles

[Unha vez] era o lobo, e claro, había unha vaca bastante
flaca. E dixo, e foi xunto dela e dícelle:
- ¿Vésme comer?
- Pois claro.
E dixo:
- Deixa que engorde un pouquiño, home, porque non
teño nada que comer.
E dixo:
- Bueno, bueno.
- Hei de apastar por aquí, eu hei de estar por aquí, en
canto me vexas gordiña vés.
- Bueno.
Conque en canto estuvo máis gordiña, veu. E dixo:
-¿E logo, agora, vés?
-Si.
-Bueno, pois mira, para que eu non che escape, amárrate.
Amárrate a unha pata miña. Amárraste polo cuello,
e amárraste a miña pata porque así non che escapo.
Amarrouse. A vaca, como tiña, xa estaba gorda e boa,
bota a correr polo camiño abaixo para a casa co lobo.
E dice o lobo:
-¡Ai, se a corda non rebenta
e o lazo non se desata,
vou parar á casa do dono da vaca!

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona