As vodas no ceo

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

As vodas no ceo


Os Muíños, ENTENZA (SANTOS XUSTO E PASTOR), Salceda de Caselas, Pontevedra

Compilador: Encarnación Calvo

Tipo: voces

Contido

Contado por Encarnación Calvo. Juan Manuel González narrouno coa "zorra" e a "cigueña" como protagonistas e na versión de Guillermo Cibreiro son "o gavilán e o golpe".

Detalles

Díxolle o gavilán á raposa:
- Zorra, ¿quieres vir a unhas vodas al cielo?
- Vou pero non teño alas.
- Lévote eu de cabalo.
- Ah, bueno, se podes comigo...
- Si.
E foi subindo, subindo pero chegou o gavilán, non podía
cas..., pesáballe e non podía e tirou con ela abaixo.
Chegou abaixo e díxolle ela ó gavilán de arriba:
- Fuxe laxe que te partes, si de esta me escapo y no
muero no quero más vodas al cielo.

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona