A raposa e o galo

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade

A memoria reside en cada un de nós, pero neste caso foron os nosos avós, os maiores, os que aportan esa gota de sabedoría e de legado cultural que se recolle nesta colección. Un proxecto que foi levado a cabo en tres centros da terceira idade localizados en Tui, Ourense, Viveiro e Santiago de Compostela. Ca participación do persoal do centro e dos propios residentes puidose levar a cabo unha labor de investigación e posta en valor da cultura popular que conta con tantos valedores entre os nosos maiores. A obra resultante conta con lendas, contos, romances, arrolos, e demais xéneros cultivados pola música que estivo tan presente no rural galego dos séculos recentes.

Estamos, por tanto, ante un proxecto de claro interese para a salvaguarda da nosa cultura popular, que ao igual que o rural acollen cada vez máis a atención da sociedade polo temor á súa perda.

A raposa e o galo


A Teixeira, BALDRÁNS (SANTIAGO), Tui, Pontevedra

Compilador: José González Bernárdez

Tipo: voces

Contido

Narrado por José González Bernárdez

Detalles

Pos había unha vez tamén a raposa, tamén iba andando
e alá encontrou un galo, e o galo estaba no poleiro
alá alto e díxolle:
- Oh, galo, ¿non sabes que agora viu unha orden de
que todos os bichos temos que ser amigos uns dos outros e
podes beixar tranquilo que non che fago daño?
Pero nisto, vén unha manada de cans dereita á raposa.
A raposa botou a fuxir. Entón o galo decíalle:
- ¡Enséñalles a orden, enséñalles a orden!
Entón a raposa decía:
- ¡Non teño tempo, non teño tempo!

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona