A campaña, o demo e os velorios

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

A campaña, o demo e os velorios


Fonfría, FONFRÍA (SANTA MARÍA MADANELA), Fonsagrada (A), Lugo

Compilador: Francisco Fernández Rei y Carme Hermida Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante 1: Un veciño, 62 anos, labrego.
Informante 2: Un veciño da Fonsagrada, 58 anos, traballador da banca.
Data: Decembro do 1983.
Gravación e transcrición: M. D. Lagarón Ron.
Fonte: AGO.

Detalles

I1: Taba, taba un tíu aquí, que èra de Carme, dixo, dixo el:
- Unha vez, fun eu, a Navia, axudarlle a un a levar un xato è cuando volvín botei de noite, sentín no castañeiral, ¡buuuu! unha ruxida alí de, nos castañeiros -dixo. Alí fradaban, alí facían, alí eu non sei -dixo. ¡Èra o dèmo! -dixo. Outra cousa non èra -dixo. Outra cousa non èra porque èra eso.
È, è según eso pois outras cousas, outras, outras trangalladas deso da santa Compaña. È despois había, do dèmo, tamên cuèntos, que èra mui frecuènte nas polavilas, aquí nas casas. Contaban contos do dèmo, de, do que facía; pèro claro... eso, sòn cousas que eu nunca lles concedín maior gracia, porque, xa vin a última hora que èra unha patraña, èra unha patraña da xènte de, de, de, de por aí.
E: ¿È non se acòrda así de ningún cuènto daqueles?
I2: Aínda contache esta mañá un, de cuando taban... o que contache esta mañá de cuando taban guardando un difunto.
I1: Ai buèno, ¡si hò! Aquel de, buèno aquel non èra do dèmo. Aquel taban guardando o difunto, ou sea que, houbèra un fallecimiento, no puèblo de tal. I-àquí ê frecuènte acudi-los veciños, ir a reza-lo rosario è, buèno, i-àcompaña-la familia. I-àlí quedaron unha porciôn deles arriba, taría o defunto tal como por aí. Aquí despois tuvo a xènte, dende que se rezou o rosario e cousas desas, è, è como o tèmpo lles sobraba, pois didicárono, a contar cuèntos dunhos è doutros. È despois dicía que un que contara un cuènto que se riran todos, menos o mòrto que non se riu porque, taba máis tièso có rabo dunha vasoira; se nòn que se había de rir tamên. Prò nesto parece ser, que o difunto taba encima dunha mesa, dun, claro, non traerían inda o ataúz daquela, a caxa, iè, è taba cos brazos cruzados así, i-òs lados puñèron unhos candileiros, ou sea un, unhas vèlas, i-ò outro acabou de conta-lo cuènto. È nesto ríronse è tal è que sei è, debeu de haber trepideu. En total que sôltanselle os brazos e fai así, è tirou os candileiros è quedaron ás escuras, è despois todos querían gana-
-la pôrta, è a escaleira, pra marchar e non pudían, non daban, acabado. È despois dixo un:
- ¡Ai, ai Diòs mío!
Despois chegaron á casa, á cuciña, que èra unha cuciña, unha lareira destas. È despois algunhos aseguraron alí que quèn dixèra ai que fora o mòrto. Despois naide quiría volver outra vez pa riba, porque claro, colleron tamaño mèdo. Despois inda houbo un que dixo:
- Buèno, eu vou, pèro diante nun vou. È, ide diante o que queirais.
En total que foi un è, è colleu unha caxa de cerillas, pra ir encender despois o, arriba outra vez a luz, prò apagóuselle na escaleira, i-ò apagárselle na escaleira, outra vez todos vòlta pra atrás. Inda dixèron despois alí na cociña:
- ¡Vergoncillòis, vergoncillòis! Entre tantos, entre tantos como hai è que naide se atreva a volver pra alí è tal è que sei...
Buèno, prò sòn ditos da xènte, ou sea, de, nò, nò è que èra frecuènte porque a xènte daquela tamên tiña muita debilidá. Taba con muita fame; iè, i-à fame fai ver muitas visïòis, è si, si, si. Aora que despois si, cuèntos do dèmo haios, haios, pro non, sòn cuèntos, que non, que non valen pra gravar porque, porque claro, un quédaselle porque, lle fain gracia; fanlle gracia pola, polas picardías.

Categoría

Bloque oriental

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Romance de Dona Silvana

SAN MARTÍN DE SUARNA (SAN MARTIÑO), Fonsagrada (A), Lugo

Museo do Pobo Galego: Arquivo do Patrimonio Oral e Identidade (APOI). Colección Schubarth-Santamarina