Historia encadenada

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

Historia encadenada


O Abelán, FORNELOS (SAN XOÁN), Salvaterra de Miño, Pontevedra

Compilador: Francisco Fernández Rei y Carme Hermida Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante 1: Unha veciña, 40 anos ca., labrega.
Informante 2: Un veciño, 65 anos ca., labrego.
Data: 1979.
Gravación: J. Camafeita Pazos.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO.

Detalles

I1.- È había, había muita xiada è pegháronselle os pes; è despois viu o sol e empezouse a derreter a xiada.
I2.- Pèro faille un chisco de ghracia. ¡Ti tamên ères tan sosa coma min, caragho! Faille un chisco de ghracia.
I1.- È entón èla dixo, quedou asustada è dixo:
- ¡Òh neve!, ¿ti tan fòrte eres, que derréte-lo sol, ¡nò!, que derréte-la neve, que fai som[bra], que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que a parede me fai sombra.
- ¡Òh parede!, ¿ti tan fòrte eres, que fas sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que o rato me fura.
- ¡Òh rato!, ¿ti tan fòrte eres, que fúra-la parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que o ghato me còme.
- ¡Òh gato!, ¿ti tan fòrte eres, que côme-lo rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que o can me còrre.
- ¡Òh can! ¿Ti tan forte eres, que cômel[o], que côrre-lo ghato, que còme o rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que o pau me bate.
- ¡Òh pau! ¿Ti tan forte eres, que bates no can, que còme ó, que còrre ó ghato, que còme ó rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan forte, que o lume me queima.
- ¡Òh lume! ¿Ti tan fòrte eres, que quéima-lo pau, que bate no can, que còrre ó ghato, que còme ó rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte que a, que o lume me queima.
- ¡Òh lume! ¿Ti tan fòrte eres, que quéima-lo pau, que bate no can, que còrre ó ghato, que còme ó rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que a aghua me apagha.
- ¡Òh aghua! ¿Ti tan forte eres, que apágha-lo lume, que queima o pau, que queima o pau, que bate no can, que còrre o ghato, que còme ó rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que o boi me bebe.
- ¡Òh boi! ¿Ti tan fòrte eres, que bébe-la aghua, que apa-
gha o lume, que queima o pau, que bate no can, que còrre ò ghato, que còme ó rato, que fura a parede, que fai sombra ó sol, que derrete a neve, que o meu pé prende?
- Eu son tan fòrte, que a mòrte me lèva.
È a mòrte, levoua.
I2.- È acabouse.
I1.- Viu a mòrte e levou o boi è acabouse o conto.

Categoría

Bloque occidental

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas