A rapa das bestas

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

A rapa das bestas


QUIREZA (SAN TOMÉ), Cerdedo, Pontevedra

Compilador: Francisco Fernández Rei y Carme Hermida Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante 1: Unha veciña, 55 anos ca., labrega.
Informante 2: Unha veciña, 55 anos ca., labrega.
Data: Xullo do 1980.
Gravación: R. Álvarez Blanco (E1), F. Fernández Rei e S. Tellado (E2).
Transcrición: X. Graña Núñez.
Fonte: AGO.

Detalles

I1.- [A parte dos cabalos son do Santo. Ese Santo ê o san Lourenzo, que había unha señora, unha vèlla], que non tiña herdeiros è deixou, as bestas pró santo. Entonces, como èla morreu, os veciños, sèmpre lle tuvèron, que fóronlle apartando as crías è que os, deixando alghún macho, vendendo os, os outros, criando as, as èmbras pra, ou as femias, como lle queiramos chamar, è eso foi inzando moito, moito. È entonces, cando ¡ai!, cando os curas quixèron botar man do que había nas iglesias, tamên querían vender as bestas. È esa xente de Sabucedo, uneuse toda, foron onda o arzobispo a Santiagho è dixêronlle que se vendían as bestas, que fundaban unha capilla de protèstantes, è que renunciaban da relighión catôlica. È entonces, quedou seghindo a rapa con máis fama, què nunca, è hai alghúns pròpiètarios que tamên tèn alghúnhar bestas, è márcanas tódolos anos, è na, na ianca, è rápanas, è a maior parte dèlas son do Santo, è son co que fan a fèsta, è, è con cousas que, que van axudando por alí. Hai tômbolas, hai, hai de toda a clase de, ¡buèno!, toda a clase de, de, de, que pòde haber nunha fèsta, con moito ambiente.
E1: ¿È as bestas onde están?
I1: As bestas andan todo o ano soltas no monte. Sôlo as lèvan tres días, da rapa, ò sea que... lêvanas o vièrnes pola tarde, hai a fèsta ó sábado, o domingo è o lunes; è do rèsto, sóltanas. È alí tèn un, un trozo grande de monte, è nos cruces tèn us, us, us hòmes que fan ghuardia, día è noite, pa as ter aqueles trer días alí, è están soltas no campo comendo. Ou sea, que pasa a carretèra polo mèdio, è están dun lado è doutro. È inda que son bravas, pois non son moi salvakhes, que xa van así, tódolos anos acostumbradas coa xente.
E2: Cando, cando amenazaron ó, ó arzobispo con facer a capilla aí en Sabucedo, eso fai, fai pouco tempo, ¿verdá?
I1: Pouco foi, que cando os curas dixèron que o que había na iglesia, que èra pra eso.
E2: ¿Fai quince anos ou...?
I1: Inda non sei se os haberá. Non sei se os haberá. Non sei se os haberá, non. Non hai moito.
E1: ¿Como fan pra xunta-las bèstas?
I1: Vai a, o puèblo todo. Na alba do día, botan un, unhas cuantos fuèghos, è tòcan a campana; è entonces vai o puèblo todo. È vanas rodeando dun lado è doutro, è vanas rodeando, è lèvan unhas cuantas bestas, xa, domêsticas, mansas, è aquèlas van diante, acia ó puèblo, è os outros van dor lados, dor lados, è hai moito quèn lle axude; porque, como, como ê así un, unha fèsta así salvaghe, van os forasteiros tamên, è lèvan pois, un
pau ghrande, è un tòrna dun lado è outro tòrna do outro, è faise unha fèsta moi divertida. Buèno, è rodéanas todo con curros de xente.
E1: ¿Pèro os forasteiros pouco farán?
I1: ¿Um?
E1: Os forasteiros pouco farán, porque...
I1: Pois, fan o que pòden.
E1: Estarán a mirar.
I1: Como todo ê xente nòva, fan o que pòden, è medo ós còrnos non lle tèñen, eles. Alghún lèva, alghún como cando non ê prático, poise alghún písano; pèro, ¡bah!, eles, van andando. A fèsta ê moi animada, tèn moito, moito, moito ambiente. ¡Ai!, aí hai portugheses, hai franceses, hai cámaras de tèlèvisión. Esta fèsta, vale, vale moito carto esa fèsta.
E1: ¿Pèro lògo lêvanas pra, pra un campo, un campo así fechado?
I1: Si, lêvanas pra un campo, è despois tèn un curro, chámanlle o curro, que ê como unha plaza de tòros, pra as rapar; è tèn estantèrías, ou sea asièntos, todo de metálico è cemento. Estantèrías desto, coma estas estantèrías que se montan, buèno, por aí aora nos comercios è eso. Tèn desas è máis tèn outro cimbrado de cemento, è cobran, còbran algho... Ai, non sei o que cobrarían este ano, pèro...
E2: Trescen[tas], trescentas pesetas.
I1: Trescentas pesetas, claro, por estar mirando como, como lle cortan as sedas.
E1.- ¿È coas sedas que fan?
I1.- Ai vêndenas. Van pra cepillos. Cepillos, destes, estes cepillos que, pois son de sedas desar bestas è antes tamên iban seica pa colchón è eso, pèro aora os colchóns serán de espuma, pèro as sedas son pós cepillos, toda a clase de cepillos ê de sedas. Aora xa, xa emplearán tamên artificial, pèro antes, os cepíllor de antes èran todos de seda natural. Pághanas bèn, vêndenas por quilo.
E2: Os cabalos, ê dicir, os cabalos son todos bravos, or do Santo ¿verdá?
I1: Os cabalos son, è côrtanlle, tèñen todos unha urella cortada; ou sea a punta, un trociño da orella, or do Santo.
I2: Nò, os de San Lurenzo córtanlle os dous.
I1: ¿As dúas orellas?
I2: Si.
I1: Nò, eu creo que ê unha; eu creo que ê unha, ba, ê igual, eso. È non llo deixan todos, ou sea que cada cabalo tèn, por èghèmplo, vinte bestas; è aquèlas van con aquel cabalo. È se vên alghunha de afôra, bótana; è se, se xurden dous cabalos, pelexan, mátanse; è cada un marcha coa súa, chámanlle a ghrea, si. Cada un marcha coa... È ó millor, buèno cando êramos...

Categoría

Bloque occidental

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas