A mata do porco

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

A mata do porco


Torneiros, RÍO CALDO (SANTA MARÍA), Lobios, Ourense

Compilador: Francisco Fernández Rei e Carme Hermina Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante 1: Unha veciña, 48 anos, labrega.
Informante 2: Un veciña, 14 anos, estudiante.
Informante 3: Un veciño, 71 anos, labrego.
Data: Xaneiro do 1995.
Gravación e transcrición: I. Villalba Seivane.
Fonte: AGO-ADLG.

Detalles

I1: Primeiro comprámolos, ós porqueiros que vên, por äquí. È despois de aí empeçámoslle a dar a, a crïalos ás lavaduras, verduras, dámoslle maíz, todo, a fariña de maíz. Ó cheghar ó tempo, a noviembre, ou a diciembre ou èsí.
E: ¿Penso non lle dan?
I1:Tamên lle damos, pero pouco èh. Dáselle patatas, dáselle, fáiselle así coçedallos, de nabos ou que seja. Ó cheghar a, ó noviembre ou diciembre, o que queira matar. Vênen-os hòmes ajudar, nôs ajudámolos a eles tamên, matámolos i, frô[tase], frôtase así ca, coas pèdras, ou cunhas facas, non lle chaman cuchillo, èh, facas. È lávanse bèn lavados. Despois ábrenos è tíranlle, as tripas todo pa fôra, tíraselle o fígado, tíraselle os bòches, è despois as, as mulleres tan aí ó lado, lávanse as tripas...
I2: È esfíanse.
I1: È esfíanse, i-àsí.
E: ¿È que, que partes sacan do, do pòrco? ¿A soá...?
I1: Do pòrco tírase todo. Aquil día tíraselle as tripas, quedan os pòrcos así limpos, abèrto asta pó outro día. Que pó outro días tírase, côrtase a, os perniles, tíranselle as pas, as cabezas, tírase as soás e pos todo alá a arrefèsere. Despois pó outro día ê que se salga, èh, è así.
E2: È tíranselle as frebas.
E1: Tíraselle a freba pa faguer as chourizax.
E1: O día da matanza xuntámo-la familia toda pa comer. O jantar faise todo de, moito do de pòrco, non, aquel día. Buèno, miro o que lle eu quero dicire. Despois de èlí, pó outro día, pícase a carne, cuando se desfán os pòrcos, as frebas, todo iso. Desfanse as, as frebas i côrtase todo pa faguer as chourizax èh. Pois nas chourizas bótase entón, a cebola picada, allo picado, loureiro, prijel, pementa, bótolle tomillo i bótaselle o viño branco, ou viño tinto, ou como queiran. I-àquilo reméxese bèn remexidiño, èh. È despois bótaselle o pementón, o picante i-ò dulce, è todo pa faguer as chourizax. Despois ajuda, ajúdanos todos a, a ajudar a faguer iso.
E: ¿È tènen máis, tènen chourizos è algunhas cousas máis ou sòlo chourizos?
I1: Chouri[zos], eu non fagho chourizox.
I3: Chouriços ê con cabaço.
I1: Nôs chamámoslle bôbado èh. Chamámoslle bôbado pa faguer os chourizox
I3: A tripa gròsa, bah.
I2: O cabaço ê igual. O cabaço ê igual.
I1: Ê igual.
I3: A tripa gròsa.
I1: I-àsí.

Categoría

Bloque central

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas