Varios texos

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

Varios texos


Friamonde, CALLOBRE (SAN MARTIÑO), Estrada (A), Pontevedra

Compilador: Francisco Fernández Rei y Carme Hermida Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante: Un veciño, 55 anos, labrego.
Data: Xullo de 1975.
Gravación: M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

Detalles

Se eu fose crego
Había cèrto suxeito, que taba falando un día, è dixo:
-Se eu fose crègho, había zampar cada domingo un sermón, que había poñerlle de pè os cabelos ó máis valente. Sòlamente había tratar máis, namais ca do infèrno. ¡Olla! Non hai frábica que tanto diñeiro teña dado.
-¿È que había decire?
-Cala, que aí che vai un sermón:
Queridos frighreses, queridas frighresas, que eu estoupe como unha castaña, que eu ado[eza], adoeza coma os cans, si antre vôs, si hai antre vôs quèn se teña nembrado de morrer. Traballades è comedes coma bestas, sin vos acordar de que tendes un mighallo dunha alma, que pòde arder nas caldeiras do infèrno. ¿Vôs sabedes que ta, como está feito o infèrno? ¡Que habedes saber vôs, larpeiros, que habedes saber vôs! Fogheiras de lume por aquí, fogheiras de lume por alí, fogheiras de lume por acolá, dèmos con, con còrno na tèsta moi ghrandes; nestoutra banda vên outro dèmo cos dentes arrèghañados, è botando lume polos ollos, è pétavos co rabo no fuciño. ¿Vôs pensades que facedes, podedes alí facere, como facedes aquí antre vôs? ¿Ferrarlle cun ta, cun sacho na tèsta a calquera è ir dar parte ó xusghado? Alí hai que roelas, hai que arder como unha cañòta de carballo. È sòlo vos queda un remèdio: vendei todo canto teñades, asta quedar sin camisa, que tampouco Cristo a tiña cando naceu, è mais èra un santo. È todo o diñeiro que poidades xuntar, traíno pá casa de Diòs; mais n’o empreedes en catro zarapalladas, como caixóns de difuntos, pèrnas de cera, eso, todo sirve è todo ê bo pa ghaña-lo cèo, pèro hai cousas que tèñen preferència; tal como, xughádar de boi, xamóns, diñeiro pa misas, carneiros, becerros...
Dise:
- Òvos n’os traades que ó millor salen chocos.

Xacinto dos Carafunchos
Xacinto dos Carafunchos èra un hòme que lle ghustaba moito ir á ighresia, è nunca perdía unha misa por moi apurado que estuvèra. Collía, poñíase ar ciròlas de estopa, collía a vara que tiña pa ir cas ovellas è marchaba direito á misa. È aquel día tamên-o fixèra, como moitos máis. Resulta que tiña unha òfreta feita polo fillo máir vèllo, que lle taba na ghèrra. È tuvo no altare, dando beixos no, no chao do altare. È resulta que tántor dou, è tántor dou, è tántor dou, que as ciròlas empezaron a reghañar por cèrto sitio, que non ê pu[dente], prudente nomear aora. A xente ría que non tiña traza; o cura, miraba pa atrás è meteu na boca, en ver do calis, meteu un candeeiro, polo, polo que facía a xente. È entonces, cando saliron da ighresia, díxolle un compadre del:
- Vente, hòme, vente, vente. Vente.
El saleu no medio da máis xente, todo tranquilo. Dixo:
- ¿Pèro que quères, hò?
- Vente, hòme, vente, vente, que parece mentira en ti, que inda ès algho ó caso è que viñèras pinta-lo escándalo que pintache na ighresia.
- Pèro, ¿como que escándalo? E lògho ê èscándalo pormeter, por facer unha òfrèta que fixen polo fillo que se me librara do servicio das armas...
Dixo el:
- Buèno, hòme, buèno. O fillo libraríachese do servicio das armas; pèro o que ê ti, fartácheste de amostra-los barròtes, polo burato das ciròlas.

Categoría

Bloque occidental

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas