A vida detrás da mostrador

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

A vida detrás da mostrador


Os Pinos, VILAMEÁ DE RAMIRÁS (SANTA MARÍA), Ramirás, Ourense

Compilador: Francisco Fernández Rei e Carme Hermina Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante: Un veciño, 64 anos, comerciante.
Data: Marzo do 1993.
Gravación e transcrición: S. Viso Pérez.
Fonte: AGO-ADLG.

Detalles

Hai casos cêlebres, è tamên porque non decilo, tamên hai èsí, tamên hai os seus calòtes pèro buèno, non son os tèmpor de antes. Como queira que sea, esta convèrsa, se tèn algho de chiste ou algho de ghracia ou alghún principio de comentario, temos que remontarnos a anos atrás, porque o que está pasando aora atualmente, praticamente pois non tèn moito porque ve[mos], presenciámolo, vémolo; pèro, esta xente de, de trinta anos pra baixo haille que falar, pois claro, de hai corènta anos ou corènta è pico. Entònces, pois eu contaríache moitas cousas que me teñen pasado neste mostrador.
Como tu ves, nôs aquí temos por un lado comestibles, pra autro lado pòs temos unhar zapatillas, ou unhas, algo de roupa feita, roupa interior è pra outro lado pois temos as aixadas, as fouces pa segha-la hèrba ou unhas puntas ou unhos clavos ou tal. È, dunha ocasión vèu unha señora que xa morreu a pòbre, digo a pòbre, nada de pòbre, xa morreu, está ghozando eternamente na ghlòria, que èla èra boa persoa, pèro vèu è díxome así:
-Manòlo, dáme... dáme.
Pidiume así unhas cousas, unha botella de aceite, pidiume un pouco de petròl que ó tèmpo vendíase o petròl buèno, eso tamên, äí tamên hai fonte, äí si que hai manantial ó falar do petròl pèro buèno, hai manantial de comèntario; pèro vai è díxome èsí:
-Manòlo, dáme un, esto, esto, i-èsto..., -unhas cuantas cousas, è despoixa: Dáme, tamên äí un quilo de azucre.
Claro, ela díxome si è eu entendinlle, èra, èra así no tèmpo do mes de maio, cando se lle dá o azufre ás cepas. È dixen eu, dixen, pènsei eu, dixen, pidirme un quilo de azufre, cun quilo pouco vai azufrar, pèro buèno... tamên-o levaban äsí pra desinfèción, pra queimar pra desinfètar ó mellor unha vasixa dunha cuba ou unha pipa ou así calquèra cousa. Levaban ár veces un quilo de azufre pra queimalo ou taparlle un coco, un burato a unha vasixa vèlla, calquèra cousa; è entonces vai è cuando me dixo un quilo dil, collín a paleta, ó tèmpo o azufre viña en sacos de corènta quilos pesábase todo, èra todo pesado non ê coma aora que vên todo fracionado; pèro ó tèmpo eu peseille un quilo de azufre i-èla habíame pedido un quilo de azucre. Levou as cousiñas, marchou prá casa, de älí ònhor días cando volveu á tiènda dixo, comezou a falar, díxome èsí:
-Mira, xa non me acordaba, dáme un quilo de azucaar.
Eu quedeime äsí, dixen:
-Caramba hoxe vên, vên moi ghraciosa señora Trina.
Èra unha que se chamaba Trina, señora Trina di Eiras, en paz descanse, ¡bah!, è dixenlle eu:
- Vên moi ghraciosa.
È dixo:
-É que a vôs aghora, ós tièndeiros de aora haivos que dicir as cousas moi discretas porque o outro día pidinche un quilo de azucre è dêcheme un quilo di xofre. È cando lle mo fun botar ó cafê, xa me dirás, como anduvo a cousa.
Entón botámonos à rir è tal.
-Mullèr, pois síntoo moito, tal è cual.
È dixo:
-Hòme que te equivoques de me dar pemento dulce a darme pemento picante tamên pòde òcurrir, que eso xa me pasou noutra tiènda, que lle pedín do dulce è dêronme do picante è boteillo ás xudías verdes que fixèmos unhas xudiíñas è cando fomos comer as xudías dixêronme or da casa: “ai hò, cómaas ostede que esto ê coma quèn mète a lèngua no lume”.
Pèro buèno, esto foi un caso bonito, ê que claro, a miña vista xa me falla namais o aixofre ê moito máis amarèlo ca, có azucre porque o azucre ê blanco. È díxenlle eu:
-Buèno, ê que eu entendinlle azufre.
Dixo:
-Nôs chamámoslle xofre, i-ò azúcar, azúcar, chamásmoslle azucre.
È buèno, son äsí cousas de... nôs fartámonos de rir. Pèro ¡bah! Eiquí no mostrador buè[no], ó pê diste mostrador äsí como o ves vèllo è, i-òrdinario eiquí fártachese un de rir e déixache moito que comentar, porque mira. Ás veces xúntanchese èquí tres ou catro hòmes, todos iles clièntes respètables como che dixen ó principio, que eu aprécioos a todos, porque todo o que vên eiquí pa deixar un peso bienvenido sea, è merêceme tódolos respètos; pèro ár veces un, cando se van, queda, queda rindo è queda pensando co rollo i-ò significado das conversas que eiquí ten habido. Porque mira, arrimados a este mostrador, hai hòmes que, mira ròzan tòxos, sacan carros de esterco, sèghan campos de herba; pèro dígoche, ó millor están ca xèrriña na mau ou ca còpiña na mau, i-eu estou escoitando, escoitando i-eu sei que aquelo èra unha mentira, porque ó mellor díxome que rozara nunha mañán dous carros de tòxos; nunha mañán que sacou tantos carros de esterco, fun pra fulano, fixen esto, fixen aquelo i-è o que estaba èra chimpando unhas còpiñas è unhos cuantos cigharros dises sin filtro i-à cabiciña afumada coma o... Buè[no], ¡en fin! Pèro deixan eso, i-eu ás veces tamên lle digo buèno, mirai que eiquí ó pê diste mostrador, os cazadores matan coenllos que mète medo; detrás daquil fento chimpei esto, detrás daquil penediño chimpei aquelo. Os pescadores, vèñen do río, buèno; esoutro día tal è todo ê arrimados ór mostradores porque quèn fala ê a xèrriña ou a còpiña. Esto ê como volo conto. È èsí fin de cousas.

Categoría

Bloque central

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas