Algúns retallos da guerra do 36

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

Algúns retallos da guerra do 36


Ameneiro, CALO (SAN XOÁN), Teo, A Coruña

Compilador: Francisco Fernández Rei y Carme Hermida Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante 1: Unha veciña, 60 anos ca., labrega.
Informante 2: Unha veciña, 60 anos ca., labrega.
Data: Febreiro de 1982.
Gravación: R. Alvarez Blanco, L. González Tosar e
H. Monteagudo Romero.
Transcrición: X. Graña Núñez.
Fonte: AGO.

Detalles

I1: Eu taba aí diante a pòrta, pèro aínda èra nos primeiros días, daquèla... inda non había, non se sabía o que iba, a pasar. Eu, taba así arrimada, había aí máis, así, foi cando, apuntaron os fusiles è que abaixase a man; deberon de pensar que estaba saludando en puño en alto, è eu na miña vida en puño en alto salu[dara], saludara; è, así que buèno hò. È meu irmán Manuèl, que inda lle dixen o outro día aí, que, meu irmán Manuèl non, èra o máir novo, èra un neno mimado, así moi... È vèu aí unha mullèr cando se empesou o Movimiento, vèu unha mullèr de aquí da, da nòsa al[dea], da outra aldea de aí de baixo è díxolle a miña nai:
-Pèpa, bota o, bota o teu Manuèl pá Habana pa onda seu pai que... tamên Kharsía de, do seu, bota o seu, è Liñare-lo seu, è, è botas, que os cartos téñoos eu.
È dixo:
-Buèno. Pois si quère marchar.
È díxollo, è dixo el:
-¿È eu que vou marchar se eu non lle fixen mal a ninguiên è por que eu vou marchar? Que... ademais vai, se non pòdo pagha-lo, o viaxe quedades empeñadas pá vòsa vida, que èra moi... è dixo:
-Buè[no], se quères marchar, marcha que...
Pèro non quixo. È despois foi cando, tu[vo], tiña que ir pola súa quinta, que èra do trinta è seis. È, è despois non se presentou, cando iba busca-la cartilla díxolle un:
-Manuèl, non debes de ir busca-la cartilla que, ti ó millor, vaiche a, vaiche a pasar mal
Un compañeiro, un que èra pariènte de aí de, èra dunha familia moi rica aí embaixo. È è el foi pèro despois empesaron a, a prende-la xente, è non foi, non foi ó... pèro el, a el non-o perseghían pa nada è, è entonses volveu a vir esa mullère, esa que, que lle ofresera os cartos. È esa mullèr tuvèra un fillo, que despois tíñao na, en Buènos Aires, que fora tasista; è así na eira tiña un, un cubèrto è alí tiña unha, pèro un cubèrto bèn, tíñalle unha cama ó fillo amaise, cun, buèno unha cama bèn pòsta pa cando o fillo cheghaba co còche, a Alteira de, xa entraba pa alí è non iba á casa onda súa nai. È díxolles:
-Heille deixala... è Manuèl que vaia durmir alí.
Volveu outra vez, dixo:
-Que vaia durmir alí á cama do meu fillo, que lla hei de ter eu xa arreghlada, heille ter alí unha vèla, heille ter todo arre-
ghlado è que vaia pa alí.
I2: Daquèla non había lus.
I1: Daquèla non había lus.
I2: Buèno, non había lus...
I1: Nôs tíñamola, pèro èla n’a tiña que alí èra un cubèrto; è entonses, buèno, aquèla noite foi. Tíñalle unha vèla á beira da mesa de nòche è mais un, un plato con, con castañas, cousa, que el xa iba senado. È foi varias noites, pèro despois un día, tiña que salir sedo antes de que o visen os, os vesiños claro, porque se non podían... È un día vèu è dixo, que el que non, vèu pola mañán è dixo:
- Non volvo máis dormir alí, que, que me parese que me viron.
È, è a finada de mi madre dixo:
- È ¿ti viches...?
- Si, eu vin que o, que, que, buèno, que me viron salir de alí.
È èra noi[te], è á noite, comeu, xa, así á sarrada da noite, aí...
I2: Aí foi cando nos esconderon de todo, è cando...
I1: Buèno pois ê o que eu digho. È despois, tuvo mirando aí na eira non sabía que rumbo había de collere, nin sabía se fose, se non fose, se... è, pèro aspois vèu è dixo:
-Eu vou ir pa alí pá, pá carballeira, asta aí ás tres da [mañán]; è despois veño pá casa que despois... -daquèla hòra rara èra a ves que viñan- è, pèro asta esa hòra vou ir pa alí.
È foi, colleu por aí arriba è foi. È mismo ó saltar para alí tíñamos nôs a casa de, de miña abuèla è mais de miña tía, miña abuèla xa morrera; è, vighilaban a casa porque lle paresía, andaban en busca de Èduardo è paresíalle que alí que iban a, eles, claro; que alí foi onde colleron unha ves a Èduardo.
I2: Collérono en blusa.
I1: È, è mismo ó saltar así un valo pa baixo pó, pó camiño xa lle dèron o alto. Collérono, è levár[ono], tiñan o còche na carretèra eghta alá arriba, levárono pá carretè[ra], pá, pó, pó còche, metérono no còche è alá nese sitio...
I2: No Rueiro.
I1: Onde lle chaman O Rueiro, que daquèla non había casas ningunhas, mandárono baixare, è disparáronlle, pèro el meteuse por un barranco, doulle a vòlta è, è Manuèl, eles foron mirar, pèro Manuèl non aparesía. Crusou unhas curtiñas, crusou unhas curtiñas è crusou... pèro Manuèl èra pola mañán, Manuèl non aparesía. Èran ar dose è Manuèl non vèu, èran as tres da tarde è Manuèl non vèu, ¡è claro!, pois algho lle pudo pasar. Alá xa lògho èra a tardiña cheghou Manuèl, todo pingando, cos... todo, buèno co, de andar polo, polo, por, polo, polas curtiñas è polos, cos pés pingando è os pantalóns por baixo todos pingando, è sentouse, así á beira da lareira, è díxolle a filla de, a finada de mi madre:
-¿È ti que, ti onde tuvèches hò? -pèro el non dixo nada-, ¿pèro onde tuvèches, ti onde tuvèches?
È non... Despois vèu a madriña del, que èra de aí de, doutra aldea, è díxolle a finada de mi madre:
-Comadre, Manuèl debeu, débese, débeseme de poñer mal da cabesa, que cheghou aghora è non dá unha...
È èla èra moi parrandèra, así moi... è dixo:
I2: Èla tamên tiña o fillo preso.
I1: - Deixa que, ¡ala!, vai alí, trai medio cuartillo de caña.
È entonses, empesa[ron], dêronlle unhas còpiñas de caña è o hòme empesou a, a cantare. Dixo o que lle pasara. È derde aquèla, xa foi cando se escondeu de todo è alí, è así ghanou a súa mòrte que... è despoise, anduvo escapado os tres anos, asta que despois se foi presentar a, que foi ese que tuvo que ir ca, ca chaqueta prestada, que nin chaqueta lle deixaron. Bo ê, bo ê deixalo a el, que como disía, como lle disía Ricardo Otèro a, ó irmán:
-Non díghar nada, non dighades donde nos, donde me viches que se, se nor ven cáivolo, cai, cáeno-lo pelo.
È díxolle o irmán
-Òh, o pelo non èra nada, que che volvía a medrar, o caso ê que che caia a cabesa.
I2: O caso ê que che caia o pescoso.
I1: Que che caia o pescoso; è, è a Manuèl tamên, bo ê que, a chaqueta...
I2: È lògho cando taban no monte, el e mailo portughés aí na, na Estivada è foron os falankhistas de Òrtòño è leváronlle a...
I1: A roupa que tiña.
I2: A roupa, è despois pasaron con eles por aí arriba, con èla por aí arriba ó lombo, inda, inda pasaron por diante da pòrta pa se rir aínda de nôs. Nôs tíñamos moitisma roupa desas de camas è...
I1: ¡Buèno hò! ¡Traballamos, buèno non, non traballamos nada, que nôs nunca frío na cama pasamos! Pèro levar, leváronnos todo.

Categoría

Bloque occidental

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas