As ruadas

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

As ruadas


A Portela de Lamas, PARDESOA (SANTIAGO), Forcarei, Pontevedra

Compilador: Francisco Fernández Rei e Carme Hermina Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante 1: Unha veciña, 50 anos, labrega.
Informante 2: Unha veciña, 76 anos, labrega.
Data: Decembro do 1983.
Gravación e transcrición: C. Hermida Gulías.
Fonte: AGO.

Detalles

I1: Poise ar ruádase, non sabes, è. Por eghèmplo, nun puèblo hai cinco ou seir mozas, è entonces alíanse è cada un dá o seu local, cada, cada... Ti, por eghèmplo, dálo ó ghuèves, eu douno o sábado i-outra dáo o domingo. Cada un dá o seu día, seu local pa te-la ruada. Entonces tèn dúas pandeiretas...
I2: È un pandeiro.
I1: È, o pandeiro eu xa non recòrdo del.
I2: Pèro habíao.
E: ¿Usté acòrdase do pandeiro?
I1: Eu do pandeiro xa non me recòrdo. Recôrdome das pandeiretas. Entonces ár dèz da noite empezaban-a ruada. ¡Unha faena limpiando o local! O que non tiña local a xeito se tal libraba unha cuadra. Se tiña ghando libraba unha, unha corte de esterco pa facer alí a ruada o día que lle tocase. Ou se cadra, tiñas amistá cunha amigha è decíarlle:
- ¡Ah, se me deixaras ti o sitio que non teño!
È cedíacho, cedíache o seu sitio pó día que che pertenecía a ti a fèsta. È entóncese botaban a ronda. Anter de empeza-la ruada púñanse nun alto, así nun sitio alto i-às que cantaban máis alto i-às que cantaban millor è tocaban, tocaban a pandeireta è cantaban, alto canto pudían pa que sentisen...
I2: Ás Santiaghas sentíanas en Lobozán.
I1: Pa que sentisen todos ester lughares, pa que or mozos viñèsen a, a...
E: Ah si, si, èra como un reclamo.
I1: Decíanlle, esto:
Velos aí vèn vindo,
vedelos aí vèn vindo;
airiños que os traen,
parecen que vèn durmindo.

Por èghèmplo, así canciós ór mozos dos outros puèblos pa que viñèran aquí á ruada è entonces empezaban. Iban pá ruada è, è tocabas ti, por eghèmplo, tocabas a ghòta, a muiñeira i-un vals è bäilabas aquelo. È despoise, tocáballe a outra moza, a outra parexa de mozas, tocare è bäilaban as outras. È despois viñan or mozos, despois sacaban a bäilar ar, ar mozas. È entonces, por eghèmplo, o que quería estar cunha moza, que tiña relaciós con èla, pois aquel púñase cara un ladiño è estaba alí toda a noite coa moza. Pèro cando lle tocaba a súa hòra de toca-lo seu baile, deixaba o mozo è iba tocar. Porque non iba tocar unha sèmpre, sèmpre, è bäila-las outras sèmpre.
I2: Á diada.
I1: Á diada, por veces. Por èghèmplo, ti è... eu mais ti tocabamos aghora, este baile, unha ghòta, unha muiñeira i-un valse. È despoise nôs ibamos bäilar è tocaban outras. È iban or vèllos i-àr vèllas, á ruada moitas.
E: (...) a vixilar, ¿non?
I1: Iban ver è mais a criticar como fan aghora tamên. È entonces había vèllas que tocaban moi bèn, è entonces aquèlar vèllas tocaban moitor bailes. Porque, claro, ninguiên quería tocar de boa ghana; de boa ghana, de boa ghana non había ninguiên que quixèse tocar. È entonces cando iba, cando iba Ermosinda de Santiagho, que èra unha boa tocadora, è iba María de Santiagho è iban esas e, case tocaban èlas toda a noite.
I2: Como as Santiaghas non ruaba naide.
I1: Tocaban èlas toda a noite porque tocaban coma serenas.
I2 Cantaban è bailaban, èran númaro un en tódolos sitios.
I1: Si, è, i-àsí che èran ar ruadas. È había, había ór ghuèves, i-ós sábados, i-ór domingos, trer días na semana.
E: Carai, non por (...)
I1: ¡Èra moita ruada! Pèro celebrábase millor, pasábase moito millor naquèlar ruadas, pasábase moito millor naquèlar ruadas que aghòra se pasa nar millores discotècas. Tiñámose candíler de ghas; de primeiro èran candíler de ghas, pèro despois xa, xa troughèmor deses de... carbur, de carbur, candíler de carburo. È, è entóncese cada moza puña o seu local è maila luz.

Categoría

Bloque central

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas