As diversións e a mocidade de antes

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

As diversións e a mocidade de antes


Roo de Abaixo, ROO (SANTA MARÍA), Noia, A Coruña

Compilador: Francisco Fernández Rei y Carme Hermida Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante: Un veciño, 76 anos, labrego.
Data: Xullo de 1975.
Gravación: M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

Detalles

È poise na, nas casas façían, formábase un baile nunha sa[la], nunha casa è coa misma prinçipiábaçe a toca-la pandèreta è veña baile: a ghòta, a muiñeira, o pasodòble, o valse. È en fin, tódolos bailes que había: dança, maçurca, todo que aghora non había estes bailes modèrnos de, de abraçarçe tanto, de apretarçe tanto. Eço non, çeparados un de outro. È entonçes si, aquelo daba gusto. Ademais, as mullères, daquèla iban coas saíñas asta alá abaixo, a casi a rastro do chan; pèro despois, este, a bailar, poise non nos freghábamos nada, estábamos separados, è, en fin. Non había bicos tampouco no baile. Eso, os bicos èra cando íbamos, por eghèmplo, íbamos açí è estábamos nun çitio tal; pèro cando çe lle daba un bico a unha mullèr xa èra unha couça moi sèria: ¡Diòs nos libre deço! Daquèla a couça èra, èra un çaghrado. Hoxe non. Hoxe xa non çe, xa çe abraçan os moços è as moças, andan abraçados xa por aí adiante, á vista da xente. Nôs cando nos abraçábamos naqueles nòços tempos, hai çaçenta anos, çincuènta anos, daquèla daba ghusto, que cando mirábamos prá nòça mòça non, ninguên lle podía chiscar ¡èh! ¡Coidadiño! Estábase mirando pra èla è mirábase coma pra Diòs, non çe lle tropeçaba; asta cando èra nos açunto de, de pidi-
-la mòça, ¡ai!, daquèla çi, daquèla çi que daba ghusto. Cando lla daban a un, pèro cando lle diçían que non, ¡ai, cando lle diçían que non!, entonçes si; entonçes que viña un, poñíanselle os pelos de punta.
Eu tuven unha mòça, eu tuven unha mòça que fun, fun, con èla, çète, çète meçes è medio è non lle, non lle trope[çei], non lle tropeçei nin nun pelo da roupa. ¡Nadiña, nadiña! È miraba pra èla como para, pra, para María, para María çantíçema ¡alabado çea èla! Pèro, claro; eu despois, vai èla è díxome un día, unha noite cheghei, que eu iba çèmpre moi contento pra alí, eu cheghei alí è cando cheghei vai èla è díxome, cheghamos á pòrta da caça, salimos do baile è cheghamos á pòrta da caça, è entonçes díxome èla:
-Mira, non volvas máis.
-¿¡Como dixèstes!?
- Non volvas máis, que non què[ro]...
- ¿È lògho por que?
- Porque non quèro ter moço, eu non què[ro].
- ¿È lògho cando queiras ter moço -díxenlle eu- cando queiras ter moço, non me, non me has de falar?
È dixo èla:
- ¡Ai despois, veremos!
Eu salín de alí, meus hòmes, fomïando. Salín fomïando por arriba polo camiño arriba astra cheghar á casa. Aquèla noite non dormín. Foi unha couça que, ¡Diòs nos libre que hoxe çentiran tanto as cousas como sintíamos nôs daquèla! Hoxe non hai verghonça: tanto lle tèn que lle dighan que vaia coma que non vaia. Se vai, vai, è se non vai queda. O que, o que si, que cando van, xa van con èlas amarradas, xa as lèvan preças. Se ê un hòme lévaa preça a èla, vai enghanchada nel. Açí que, non se çabe... hoxe non se pòde diçir nada. Pèro se volvemos á aqueles mundos de antes, aquèlas trouladas, aquèlas folïadas, aquèlas pandäretas, aqueles brincos, aqueles tal, aquèlas tombadas, cando íbamos ós herbales, que íbamos por:
- Vou ir á hèrba a tal sitio.
Entonçes çalíamolle alá. È entonçes veña á tumbada polo, por aqueles pra[dos], prados abaixo. ¡Ai Diòs mío! ¡Onde van aqueles mundos! Pèro eço èra á vista da xente. Víao todo o mundo cando façíamos esas cousas. Aora do rèsto. ¡Çèmpre houbo algho hò!, çèmpre houbo algho. Pèro non açí como aghora, ¡contro! Aora, aora ê unha barbaridá, meus hòmes. Non çe vos pòde andar. È pònse, arriman o fuçiño como çe nada, eu, pareçe que querían quedar peghados xa toda a noite ou todo o día, se están. Paçan por diante da xente: ca, xa non ven a ninguên, non ven máis que un ó outro. Tropèçan nun è tropèçan en calquèra, porque non ven, cando van. Eu véxoos aghora, ¡meu! Eu aora teño çätenta è çeis anos, è eu estou falando daqueles tempos porque estuven naqueles mundos è máis aora estou nos de aghora ¡Ai Diòs mío! Estamos perdidos. Ê dicir, perdidos non; que, total, como çon todos. Se fora un sòlo ou dous ¡buèno! èra unha verghonça pró que lle paçaba, pèro aora son todos è, è a, a nai que tèn unha filla è non tèn moço xa di:
-¡Ai Diòs mío! ¡È pois a miña filla non tèn tanto mal, è pois a miña filla podía ter moço coma outra!
Xa quèren que o teña, xa quèren que o teña. O mundo está perdido. Buèno, xa será o que sexa. Asta outros tempos, ha de haber tempos mellores que estes è mais máis malos. Pèro, polo de pronto, eu nestes xa vexo.

Categoría

Bloque occidental

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas