O crego e o cativo

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

O crego e o cativo


Santa Comba, SANTA COMBA (SAN PEDRO), Lugo, Lugo

Compilador: Francisco Fernández Rei e Carme Hermina Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante: Un veciño, 69 anos, carpinteiro.
Data: Maio do 1975.
Gravación: M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.

Detalles

Esto èra unha vez nunha parròquia donde había un cura que èra mui pándigo è, sèmpre acostumbraba a celebrar á mañá temprano. Moitas veces tiña que agardar algo, que chegara o moneguillo, que èra un neno, que había alí na aldea; i-àutras veces xa estaba o moneguillo tamên esperando polo cura, que se levantara, ¡pèro buèno!
Resulta que un día esperou o cura máis do debido, porque o pequeno, foi, entretúvose na, no camiño, que viu unha chicorosa, deses páxaros que lle chamamos aquí relativamènte o mèrlo, è viu que andaba cun pouquiño de mofo, dese das paredes no pico. È dixo:
-Carambas, este anda facendo o nido, hai que velalo a ver onde nida, onde tèn o nido.
È velou. Tan bèn velou que o, o paxaro aquel, o mirlo, pòs xa tiña us mirliños nòvos, è claro, o pequeno pois díxolle ó cura, díxolle:
-Tèño unhes mèrliños, pèro, non lle debía conta-lo conto aquí na sancristía, porque... dicen por aí, que se se conta o conto baixo dos teitos, que se ènche de formigas. Veremos a ve-lo que pasa.
I-ò cura dixo:
-Nò, hòme nò, non teñas medo, que non hai tales formigas nin deso, eso son agüèros, non, deso non fagas caso.
Buèno. Pasou así a conta, pèro así que pasaron unhes días, foi o pequeno mirar a ver como estaban os chicorosos, i-òs chicorosos xa non estaban no nido, xa escaparan. Pèro a escapadèla foi boa, que despois ó día seguiènte foi á casa do cura, chamou ó señor cura, non sei que razón lle iba levar, è saliu o señor cura polo balcón, i-èl mirou pa riba è ve as chicorosas metidas nunha xaula.
O pequeno calou a boca; pèro, asentou è pasaron os días, è pasaron os días, pasaron os días... È un día, pois claro, chegou pó preceuto, pònha confesión, que había no pòbo, è díxolle:
- A ver, ¿confesáchete, Manòliño?
Di el:
- Nò, señor.
- Pois ven aquí, lògo, bonito, ven que te confèso eu, porque despois chegan os outros curas è hai que axudarlles á misa è todo eso, è ven.
È púxose a confesa-lo bon do pequeno, è díxolle, claro, contoulle todo o que había que facer. Un día que chegara alí á casa do cura, á casa del, mismo, do mismo cura, è que lle salira a criada pola ventana è que mirara pa riba è que lle vira as pèrnas e que lle gustara muito mirar pa elas, ás pèrnas da criada, claro. I-ò cura díxolle:
- ¡Ai pillabán, ai pillabán! ¿È ti como te poñías a mirar, hòme, de vez de mirar pa baixo?
Dixo:
-Pois ve, señor cura, tanto lle tèn, eu mireille pás pèrnas do cura, pèro tamên a usté lle dixen do nido do mèrlo è tamên lle me foi polos chicorosos, así que unha cousa quédalle pola outra.

Categoría

Bloque central

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona

Non hai pezas relacionadas