O falar fino

A nosa fala

Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.

Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.

Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.

O falar fino


O Xuncal, CORVELLE (SAN BARTOLOME), Vilalba, Lugo

Compilador: Francisco Fernández Rei e Carme Hermina Gulías

Tipo: voces

Contido

Informante: Unha veciña, labrega, 66 anos.
Data: xaneiro do 1984.
Gravación e transcrición: X. L. Regueira Fernández.
Fonte: AGO.

Detalles

Èran de Abadín os padres, tiñan un fillo único. El estaba, non sei se estudeaba en Abadín, se estudiaría en Villalba, se en Lugo, naqueles tèmpos. ¡Hai máis de corente anos que foi esto! È mandárono, us abuèlos. Taba en cas dos abuèlos, mandárono, polas vacas. È dixo:
-¿Están xunto do río?
Se había decir “están cabo do río”, tu mira que palabras, dixo:
-¿È están xunto do río?
Mira ese conto. Esa, esa cousa. Ai eso foi verdá, è dixêranse os que òíamos, dixèron:
- Mira prèl, como se lle conoce o que, o que le, o que le è o que estudia.
Mira, unha vez na Coruña, eu mais unha prima carnal do Vítor, do meu Vítor, que esta aquí en Corbelle de Baixo, estábamos na Coruña. È o Vítor, tèn unha sobriña lekhítima na, na Coruña, casada aló con familia. È xa habí[a], xa ihai tèmpo que estaba cando pasou eso. È íbamos aló no Campo da Leña, aló por riba, íbamos acia a Torre de Hêrcules. È entramos nunha frutèría. È iba a Ana María è máis un fillo desa prima carnal, que está aquí en Corbelle de Baixo; un fillo, que chaman Carlos, que está aora en Inglatèrra casado. È os pícaros querían, querían algo; pidíronnos caramèlos ou checolatinas ou non sei que nos pediron. Entramos na frutèría. È esa sobriña do Vítor, xa había tèmpo que estaba na Coruña è cortaba algo o castellano. È entonces nosoutros entramos, è esta, que está aquí veciña, que ê prima do Vítor, que chaman Hortènsia, dixo:
-Díanos un quilo de uvas, ¡mouras!
È púxose o quilo de uvas mouras. È salimos pra fôra, è empaquetáronnolos ou xa llelos dèmos ós pícaros ou non sei que, salimos todas tres è mailos menos. È salimos por alí, eu chámolle arriba, è díxolle alí fôra, díxonos alí fôra a sobriña do Vítor que estaba na Coruña:
-¡Ai! ¡Ai Hòrtènsia, ai Hòrtènsia! ¡Pra outra vez non digas así!
-¿È lò?
-¡Di negras! ¡Di negras! Esa ê unha palabra moi mal dita, -dixo-, moi mal dita, mullèr. ¿È non ves que chama a atención á xènte?

Categoría

Bloque central

Imaxes

Non hai imaxes na peza

Documentos

Non hai documentos na peza


Outras pezas na mesma zona