O casamento da pulga co piollo
TweetA nosa fala
Este audiolibro é unha dialectoloxía oral, con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século. Atendendo a criterios extralingüísticos, procurouse que a temática da escolma fose o máis variada posible, que fose amena para estudantes e ensinantes de lingua galega, mais tamén de posible utilidade para un etnógrafo, un historiador ou un sociólogo interesados pola Galicia anónima, a de onte e a de hoxe.
Os temas tratados son moi diversos co fin de dar unha imaxe real dalgunhas das moitas Galicias existentes. Nos textos fálase da pesca e do marisqueo no Cantábrico, na Costa da Morte ou na ría da Arousa, da pesca no banco canario-sahariano e de como se cultiva o viño en Mondariz e en Amandi ou os tomates no Rosal. Trátase a guerra do 36 na comarca compostelá e a dura posguerra, con historias do contrabando no Baixo Miño ou sobre os portugueses que viñan á seitura á arraiana terra da Mezquita.
Fálase da rapa das bestas de Sabucedo, das muiñadas, das ruadas e doutras diversións da mocidade de antes, do entroido e da mata do porco, do liño e das fiadas, pero tamén da irrupción de novos inventos como o fax, da limpeza das praias e dos incendios forestais. Tamén está presente a "Galicia irredenta" dos vellos galeguistas, con textos do Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas.
O casamento da pulga co piollo
Hermisende, Hermisende, Zamora
Compilador: Francisco Fernández Rei e Carme Hermina Gulías
Tipo: voces
Contido
Informante: Un veciño, 50 anos, labrego.
Data: Xuño do 1976.
Gravación: M. González González.
Transcrición: F. Fernández Rei.
Fonte: AGO-ALGa.
Detalles
A pulga i-ò piollo
críanse casare
i-è non tiñan viño
pra convidar.
Saíu o ro[poso], o zorro
detrás do lombeiro:
-Que sigan as vodas
que eu son, tabärneiro.
Aora, meninos,
viño xa temos,
fáltanos a carne,
¿donde a acharemos?
Saíu o lobo
do medio do gado:
-Que sigan as vodas,
que a carne eu vola traigo.
Aora meninos,
carne ja temos;
fáltanos a cociñeira,
¿donde a acharemos?
Saíu a pòrca
da súa vèceira:
-Que sighan as vodas
que èu son a cociñeira.
Aora, meninos,
cociñeira ja temos,
fáltanos o gaiteiro,
¿donde o acharemos?
Saíu o galo
do seu galiñeiro:
-Que sighan as vodas
que èu son o gaiteiro.
Aora meninos,
gaiteiro ja temos,
fáltano-lo danzante,
è ¿donde o acharemos?
Saíu o sapo,
como ê tan pastrante:
-Que sighan as vodas
que eu son o danzante.
Aora, meninos,
danzante ja temos,
fáltanos a madriña,
¿donde a acharemos?
Saíu a ran
da súa fonte fría:
-Que sighan as vodas,
que eu son a madriña.
Aora meninos,
madriña ja temos,
fáltano-lo padriño,
¿donde o acharemos?
Saíu o rato
do seu buraquiño:
-Si prènden o gato,
eu son o padriño.
È estando comendo,
bebendo bon viño,
soltouse o gato,
papou padriño.
Categoría
Bloque oriental
Imaxes
Non hai imaxes na peza
Documentos
Non hai documentos na peza
Outras pezas na mesma zona
Varios textos
San Ciprián, Hermisende, Zamora