Eu caseime na montaña

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Eu caseime na montaña


Vilanuíde, VILANUIZ (SANTO ANTÓN), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Lois Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Justa Fernández Lorenzo e Asunción Rodríguez Lorenzo

Detalles

Eu caseime na montaña
cunha filla dunha rapaza asturiana
nin se peina nin se lava
anda feita unha marrana.

Non sabe fregar a loza
nin barrer cunha escobela
un día de incomodado
barrín a casa con ela.

Agarreina por un brazo
leveina onda a miña sogra
eiquí lle traigo a súa filla
que non sabe de cociña.

A miña filla traballa
que llo digan os veciños
a súa filla traballa
de noite polos camiños.

Sácate de ahí baladrón,
baladrón, calavera
non decías tú así
cuando viñeche por ela.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona