Xía e Pepe

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Xía e Pepe


Margaride, QUINTA DO LOR (SANTA MARÍA), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Luis Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida dos Cantores de Margaride do Lor

Detalles

Xía se foi unha tarde
con rumbo ignorado
e chegou ás Covas
pra poder bailar
miraba pró Pepe,
non lle facía caso
i a pobre da mona
empezou a chorar.

E vou cantando lentamente
e desde o souto ao calexón
e vai dicindo entre sus dentes
xa non me quer máis co Antón
e xa dice toda a xente:
- Vaia rapaza máis guapa
pero ten un defecto
que "arrabuña" coma unha gata.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona