Xan Guindán

Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil, Montañas do Lor.

Esta colección é froito do traballo de selección e estudo antropolóxico, que levou a cabo o profesor Xosé Luis Foxo nun espazo que abrangue as denominadas "Terras do Lor e do Sil", é dicir, os concellos de Quiroga e Ribas de Sil principalmente.
Compre destacar a importancia que subxace na recuperación e revalorización da cultura rural popular galega, que neste volume xoga o papel de protagonista. Así mesmo, axuda a reconstruir a identidade do pobo galego, a súa historia e a sua tradición.

Aquí atopamonos con un considerable número de pezas resultado do saber popular: cantigas, documentos fotográficos, partituras, lendas, arrolos, etc. Contextualizado e complementado cun estudo antropolóxico que realiza o autor. O seu uso e reproducción pretende ter vías moi distintas, comezando pola simple curiosidade do visitante da web, ata os centros de ensino e os círculos de investigación de distintos eidos culturais.

A labor de difusión e dixitalización de estas coleccións por parte do Consello da Cultura Galega ten o obxectivo de recoñecer o papel dos sons, das cantigas, e en definitiva, da música. A música que sempre estivo presente no día a día da sociedade, e máis no rural como nos mostran os cantos referidos a actividades de labor, a periodos ou festividades do ano, etc. A obra de Xosé Luis Foxo permite comprender como era o abanico musical das terras bañadas polos río Lor e Sil, ofrecéndonos unha visión esclarecedora a través do seu estudo antropolóxico.

Xan Guindán


Vilanuíde, VILANUIZ (SANTO ANTÓN), Quiroga, Lugo

Compilador: Xosé Luis Foxo

Tipo: voces

Contido

Recollida de Justa Fernández Lorenzo

Detalles

Xan Guindán quería casarse
non tiña muller buscada
e foille face-lo amor
á filla da tía Xuana.

Boas noites tía Xuana
ónde lle vai a rapaza?
- Foi buscar o gas "pa" noite
xa me parece que tarda.

E nesto entrou a rapaza
desde portas para adentro
- Boas noites Xan Guindán
tráigote no pensamento.

E logo a ti quen cho dixo
seica foi Noso Señor
eu queríame casar
vénoche face-lo amor.

Eu casar ben me casaba
pero tamén che hei de contar
teño que facer unha saia
e teño lá por fiar.

E teño os zapatos rotos
o pano todo picado
si teis cartos cómprame outro
casámonos de contado.

Teño unha cabra mui boa
que me tén cuatro cabritos
que mentras unhos lle maman
os outros andan a brincos.

I unha galiña que pon
unhos oviños "pas" torraxas
...............
...............

I o Xan Guindán quedou teso
coma unha pedra dun canizo
pegou a volta "pa" tras
nin sequera adiós lle dixo.

O padriño i a madriña
o cura i o sancristán
enchendo as "larfas" de rir
á conta de Xan Guindán.

Imaxes

Non hai imaxes na peza


Outras pezas na mesma zona